21/10/23

CEN ANOS DE FÚTBOL NA COSTA. 4. DE CANDO CHEGOU O FÚTBOL Á COMARCA DE FISTERRA

 O concello de Cee: do Club Junquera ao Cee FC

As vilas de Cee e Corcubión posiblemente fosen das primeiras que coñeceron este novo deporte na comarca. Algo máis tardía debeu ser a chegada aos concellos de Muxía e Fisterra, e descoñecemos a súa presenza no de Dumbría. A fábrica de Brens e o porto, coa chegada de forasteiros que practicaban este xogo, foron sen dúbida imprescindibles no fomento deste deporte. A burguesía local axiña lle colleu gusto ao fútbol, e así naceu o Club Junquera, o "equipo dos señoritos", como lle deron en chamar. Por testemuños orais, a orixe deste club estaría no ano 1921, aínda que nós non atopamos ningún encontro seu anterior a 1923. Con todo, neste ano de 1923 o club ceense rexistrouse no Goberno Civil, sendo o primeiro club da Costa da Morte en facelo. Atopamos nas páxinas de La Voz de Galicia de 1934 unha noticia sobre unha homenaxe a Segundo Correa, futbolista de éxito no Fortuna FC vigués e traballador da fábrica de Brens, quen segundo o correspondente do xornal foi o creador e impulsor do fútbol en Cee ("La despedida de un deportista", La Voz de Galicia, 14.12.1934_9):

El sábado próximo tendrá lugar en este pueblo un acto ciertamente muy simpático.

La juventud local, lo mismo estudiantes que obreros y empleados, sin distinción de clases, en camaradería gratamente fraternal, se reunirán en el "Hotel Victoria" para ofrecer una cena a Segundo Correa, solemnizando su despedida del deporte.

Bien merece Correa el agasajo. Trátase de un modesto obrero mecánico de la Fábrica de Carburos y Manganeso de Brens, inteligente, formal y laborioso que, sin detrimento de su diaria ocupación, cultivó desde hace muchos años el deporte, de un modo verdaderamente entusiasta, y supo organizar y aleccionar varias generaciones en el fútbol, que practicó como un verdadero maestro.

Él ha sido quien realmente lo introdujo en esta villa, imbuyendo en nuestros jóvenes la afición, educándolos desinteresadamente y con ejemplar constancia en las saludables prácticas olímpicas y obteniendo discípulos aventajados y diestros. Tiene ese positivo mérito y resulta por ello acreedor a la gratitud de todos.

Se la testimoniamos desde estas columnas, confiando en que continuará dirigiendo con su experiencia y su consejo el "Club Junquera" que ha fundado y que tiene desahogada vida social y "equipiers" pujantes y de porvenir deportivo indudable.

Non sabemos se foi o fundador do Junquera, pois polo que parece por eses primeiros anos da década dos vinte aínda estaba no Fortuna e incluso no Celta, mais si que o vemos mediada esta década, pois en 1925 cando casa fálase do capitán do Junquera.

O Club Junquera, o equipo ceense dos anos vinte

Aínda así, no primeiro partido que coñecemos xogado por ceenses non estaba o Junquera, senón outros dous equipos da vila de Fernando Blanco: o Eiriña e o Arenas. A mediados do mes de decembro de 1923 enfrontáronse entre eles, na que é a única noticia sobre estes dous clubs. Na crónica de La Voz de Galicia (25.12.1923_2) destacan os xogadores do Eiriña Manuel Trillo (capitán), Alfonso Canosa, Manuel Amigo, Jesús Chouza, Juan Carballo e Trasmonte, mentres que polo Arenas, que perdeu 1-0, só destacan a Enrique Cerviño. Poucos días despois temos o primeiro partido do Junquera, que ademais serviu para inaugurar o seu campo de fútbol. Foi un partido contra os seus veciños do Athletic Corcubión no que venceron por 1-0. Da crónica La Voz de Galicia (28.12.1923_1) extraemos estes parágrafos:

Con una tarde espléndida y una concurrencia numerosa se celebró la inauguración del hermoso campo de deportes de la Sociedad de foot-ball "Club Junquera" de esta villa. Bendíjolo el virtuoso párroco don Lino Lois Piñeiro y jugóse a continuación un partido entre los "teams" "Athletic-Deportivo" de Corcubión y "Junquera" de Cee.

A las tres y media, a las órdenes del árbitro Marcelino Barreiro, se alinean los dos equipos de la siguiente forma:

"Junquera", Alvarellos, Vicente, Ventura, Mira, Morán, Lastres (Alejandro), Luisito, Trillo (José), Guillén, Alfonsito y Evaristo.

"Athletic-Deportivo", Lamas, García, González, Abelleira, F. Trillo, Patricio, Celeiro, Abelenda, Varela, Ballesteros y Juan López.

Estes dous equipos volveron xogar no mes de marzo de 1924, no mesmo campo e con vitoria tamén para os locais, neste caso por 2-1. O cronista destacou no Junquera a "Segundo, que es un notable jugador, Evaristo y Vicente, el meta Javier estuvo colosal" (La Voz de Galicia, 8.3.1924_3). Este verán atopamos na prensa catro partidos máis do Junquera, dous contra o Bergantiños e dous contra o Radium FC da Coruña. O 29 de xuño achegáronse os coruñeses á vila de Cee para xogar un partido, que empataron a uns, fronte a un Junquera que aliñou aos seguintes xogadores: García, Vicente, Ventura; Mira, Castro, Recamán; Roberto, Evaristo, Barreiro, Guillén e Trillo (Cfr. El Ideal Gallego, 2.7.1924_3). Xusto un mes despois o Junquera desprazábase a Carballo, para xogar co Bergantiños, equipo que venceu por 3-0. Devolución de visita dos carballeses o 17 de agosto, para vencer agora os ceenses por 2-0 nun partido que "arbitró el ilustrado ingeniero director de la Fábrica de Carburos Metálicos, Mr. Garrone, distinguido "amateur" e internacional suizo en sus años mozos" e no que "el pública complacido, pero en algo dividido y en mucho apasionado, motivando discusiones y acaloramientos que por lo pueriles y desagradables deben de una vez desaparecer para bien de estas saludables y simpáticas fiestas de sport" (La Voz de Galicia, 23.8.1924_ 5). O 28 de setembro o Radium coruñés volveu a Cee e impúxose por 0-1 nun partido no que os dous equipos saíron ovacionados.

O 19 de xullo de 1925 o Junquera recibe un novo rival, o Porteño FC, da Ponte do Porto, que disque vén reforzado por elementos de Camariñas e Vimianzo, e aínda así os locais vencen por 5-0. Arbitrou o encontro "un súbdito argentino, pertenciente al 'Club Huracán', de Buenos Aires, que se halla entre nosotros pasando una temporada" (El Ideal Gallego, 22.7.1925_1). O 9 de agosto chegaba a Cee o Unión Sportiva coruñés, que tamén caía derrotado (3-0) ante un Junquera que formaba con Lamas, Rebordelo, Canosa, Brandariz, Luis, A. Lastres, Trillo, Correa, C. Lastres, Ventura e Alfonsito. Os goles foron obra de Clemente, Ventura e Alfonsito, e o "kick-off" (saque inicial) a cargo de Ofelia García (Cfr. El Ideal Gallego, 12.8.1925_8). O 23 de agosto visitaba Cee outro equipo coruñés, o Reunión de Artesanos, que se impoñía aos locais por 0-2. Nas crónicas da prensa coruñesa facíase fincapé en varios integrantes do equipo local "que merecerían figurar en equipos de superior categoría. Son éstos el medio centro Castro (Alfonso), discípulo de Otero según nos dicen; [el] defensa derecho, hermano del anterior, y el delantero centro Correa" (El Orzán, 25.8.1925_3).

O 8 e o 15 de agosto de 1926 o Junquera xogou no seu campo dous encontros fronte ao "U.S. Galicia" de Santiago de Compostela. O primeiro "ante más de 3.000 almas celebrose el domingo uno de los mejores partidos de la temporada" (El Ideal Gallego, 12.8.1926_2), con vitoria forasteira por 0-1; pero houbo desquite no segundo, pois impuxéronse os ceenses por un contundente 7-1. O 17 de abril de 1927 o Junquera desprazouse ata a Ponte do Porto para inaugurar o novo campo de fútbol local, acto do que deixou constancia fotográfica Ramón Caamaño nas páxinas de El Ideal Gallego (20.4.1927_8). E o 15 de maio nova viaxe, supoñemos que en barco a través da ría -non existía aínda a ponte sobre o río Xallas-, ata O Pindo. Ampla vitoria dos ceenses, a pesar de que o cadro local estaba reforzado con catro profesionais que xogan nos Estados Unidos; no 1-7 final destacou "la linea delantera del Junquera llevada por V. Castro y su inter-izquierda el popular jugador vigués Correa, que nos recordó sus actuaciones en el Fortuna" (La Voz de Galicia, 21.5.1927_6). Este ano atopamos un curioso novo partido do Junquera, celebrado o 6 de novembro: "Hállase surto en este puerto el crucero español 'Cataluña' que trae a bordo en viaje de instrucción cuarenta y tantos alféreces alumnos. Con tal motivo organizóse el domingo último un partido de fútbol en el campo del Club Junquera, de Cée, contendiendo el equipo de marinería de dicho barco con el Junquera. Concluyó el primer tiempo con un 'score' de tres el forastero por dos el local; pero el segundo periodo proporcionó el triunfo al Junquera por tres goals más" (La Voz de Galicia, 9.11.1927_2).

O 24 de xuño de 1928, coincidindo coas festas do San Xoán locais, desprazouse o Junquera a Carballo para xogar co Bergantiños, que se erixiu vencedor por 1-0. E tamén coincidindo con outras festas, neste caso o San Pedro da Ponte do Porto, desprazouse o 29 de xuño a esta vila soneirá para disputar un partido que acabou sendo moi polémico, e que mesmo seguiu na prensa con distintas visións do cronista local e visitante como vimos no apartado dedicado ao fútbol no concello de Camariñas. Parece ser que o Junquera acabou retirándose do campo a falta de quince minutos, tras xa amagar con facelo anteriormente. Anunciábase partido de volta para a semana seguinte, que descoñecemos se tivo lugar. Curiosamente, este é o último partido do Junquera do que imos ter noticia en moito tempo. O equipo parece que estaba en crise, e que os presaxios do correspondente de La Voz de Galicia en Cee de principios de ano eran certos (5.1.1928_2):

Diose la función [de teatro] a beneficio del "Club Junquera", meritoria agrupación de fútbol local que debiera impulsarse y protegerse todavía con mayor solicitud, dando de mano a indiferencias y aun a divisiones y hostilidades ciertamente lamentables. No debe olvidarse que este deporte es tan saludable para los jóvenes que lo practican como útil y provechoso, en un aspecto material, para los pueblos en que se ejercita, por lo que tiene de espectacular -resiéntense siempre los pueblos chicos de falta de diversiones- y también por lo mucho que significa como medio de atracción de forasteros.

Sería en verdad paradójico que en esta villa, donde todos los vecinos parecen rivalizar en el plausible afán de engrandecerla, mejorarla y darla a conocer, se dejase morir oscuramente una agrupación que cuenta con "equipiers" de verdadero mérito y que, al cabo, es signo de vida y medio de esparcimiento y de popularidad del distrito en que radica. (...)

Dícese que existe el propósito de refundir el Club Junquera con el Deportivo que existe en Corcubión y que unidos adquerirán un campo en el promedio de ambos pueblos. La idea nos parece excelente, y es digna de que, todos sin excepción, le presten su concurso. Adelante con ella.

O Junquera na inauguración do campo da Ponte do Porto, 1927

Como vimos ao comezo deste apartado, na homenaxe que se lle fai en 1934 a Segundo Correa fálase de que o Junquera segue en activo con "desahogada vida social y equipiers pujantes y de porvenir deportivo indudable". Con todo, ata despois de rematada a Guerra civil non o imos ver competindo.

Porque quen competían nestes anos da IIª República eran outros clubs. En 1932 atopamos "Los Once Artilleros" desprazándose a Fisterra para xogar contra o equipo local, nun dos actos máis destacados das festas organizadas na vila fisterrá para conmemorar o primeiro aniversario da IIª República. Por certo, que houbo "pelexa" polo resultado final entre os correspondentes de Fisterra e Cee, pois o primeiro afirmaba que o resultado fora favorable aos locais por 3-2 (tanto en La Voz de Galicia como en El Ideal Gallego); pola súa parte, unha semana despois o correspondente de Cee aclara que houbo un penalti ao remate do encontro que supuxo o empate a tres final (La Voz de Galicia, 24.4.1932_7). Ademais, é este correspondente quen nos dá o nome do club ceense, do que non imos ter máis noticias.

Do que si imos ter é do Cee Foot Ball Club, que se inscribe no rexistro do Goberno Civil en 1933, e que vai ser o protagonista do fútbol ceense e case poderiamos dicir costeiro neste trienio final republicano. Segundo conta Baldomero Cores na súa Historia de Cee (Concello de Cee, 1999: 456), este club nacía coa chegada da IIª República co desexo de integración dos sectores sociais da vila". O primeiro partido que xogou foi o 9 de xullo contra o Fisterra, con vitoria local por 6-1. Velaquí o comezo da crónica de El Ideal Gallego (13.7.1933_7):

El domingo se celebró en Cée un partido entre el titular y el Finisterre F.C.

El Cée F.C. alineó así: Roberto; Centrón II, Centrón I; Rincón, Ernesto, Gerucho; Michinel, Nando, Castro, Servando y Faustino (segundo tiempo Montero).

El partido empieza movido acusando los locales cierto nerviosismo muy natural por ser este el primer partido que juegan en casa después de varios en que el fútbol estuvo aletargado.

Nando foi o autor do primeiro gol do Cee FC, club que aproveita ese mesma crónica para retar a “todos los de su categoría. Para condiciones dirigirse a la siguiente dirección: Sr. Presidente del Cée F.C. - Café Exprés – Cée”. O 29 de outubro vai xogar fronte ao Carnota, sen moita máis información sobre o partido. Os seguintes rivais van ser varios clubs coruñeses que se van desprazar a Cee. O primeiro deles foi o Comercio, que empatou 1-1, mesmo resultado que colleitou o Cee na súa visita a Fisterra o 1 de abril con motivo das festas da Semana Santa. O Centro Cultural Herculino xogou en Cee o 29 de abril, e disque viña con todos os seus mellores xogadores, disposto a coñecer o seu nivel para o vindeiro torneo de clubs modestos coruñeses. Pero non lle foi ben a proba pois perderon por 2-0, a pesar de perder a Correa por lesión aos 20 minutos. Polo equipo ceense aliñáronse: Roberto, Centrón, Castro II, X, Nando, Barallobre, Michinel, Correa, Ernesto, Montero e Lastres. Ese mesmo verán chegarán a Cee o Galicia Sport e o Racing Caballeros, club este que por certo cambiara, con acerto, de denominación recentemente (antes era Once Guacamayos). Case con tres semanas de antelación os coruñeses prepararon a súa visita a Cee, organizando unha excursión, que levou aos xogadores e acompañantes a coñecer pola mañá o Colexio Fernando Blanco e a Fábrica de Brens, onde foron recibidos polos seus respectivos directores, e xa pola tarde o partido de camaradería, que rematou sen goles (Cfr. La Voz de Galicia, 1.9.1934_7).

Tamén unha excursión preparaban os dirixentes do Independencia Fútbol Club para o seu desprazamento a Cee o 6 de xaneiro de 1935. E vendíanse ben: "El solo anuncio de este match ha despertado en Cée y sus contornos una gran expectación, ya que saben, de oídas, la gran clase que posee el Independencia. Para cerciorarse de si es real la fama con que se presenta este equipo, están dispuestos los aficionados de aquellos lugares a presenciar la emotiva lucha que se les avecina" (La Voz de Galicia, 30.12.1934_6). Mesmo inseriron un anuncio nas páxinas do citado xornal co prezo de 5 pesetas a excursión. O partido rematou con empate a un, cun Cee no que destacaron "Barallobre, Montero y Lastres, y por el Independencia, Colmenero, que fué el mejor sobre el terreno, la defensa y el portero. El arbitraje, que corrió a cargo del señor Saracho, un hermano del conocido refere nacional, fué imparcial. Al final del encuentro hubo un animado baile en el local social del Club, en honor a los excursionistas" (La Voz de Galicia, 11.1.1935_7). E como se puxeron de moda as excursións entre os clubs coruñeses, o seguinte foi o Derby SD, que o 31 de marzo se achegou a Cee, que tiña dobre premio: baile no Casino ceense e tamén parada no baile do Club Bergantiños de Carballo. E tivo éxito o chamamento, aproveitando o tempo primaveral, segundo a crónica de La Voz de Galicia (5.4.1935_5):

El pasado domingo 31 salió para la hermosa villa de Cee, en dos autobuses, el potente equipo de esta capital "Derby S. D.", al que acompañaron un numeroso grupo de entusiastas.

Después de un feliz viaje han sido acogidos los excursionistas en Cée con un gran entusiasmo, disparándose bombas de palenque a su llegada al Cruce, donde les esperaban varios directivos del Cee F. C. que se unieron a los excursionistas hasta la entrada en la Alameda.

A las cuatro de la tarde dio comienzo el amistoso match de fútbol entre el "Derby S. D." y el Cée F. C., y después de un juego vistoso por ambos onces, ha terminado el partido con un tanto a cero del equipo local, precedido de una jugada maestra de su delantera.

Aínda non se xogara o partido co Derby e xa na prensa se falaba do próximo partido do Cee FC, que se ía xogar o 7 de abril, pero era que o club ceense xa impoñía respecto nos rivais: "uno de los más conocidos de la región gallega dentro de su categoría, y en donde forman jugadores de gran clase. El team de Cee es ya un equipo de campanillas, pues además de reunir un buen plantel de individualidades, cuenta con un conjunto de juego homogéneo muy aceptable, y tiene el apoyo de todos los vecinos de la hermosa villa" (La Voz de Galicia, 3.4.1935). O rival era o equipo da rúa das Panadeiras que levaba por nome Los Krass, e non viñan sós:

Cée. Expectación existe como nunca en esta hidalga y hermosa villa ante el próximo partido de fútbol que se celebrará pasado mañana, domingo, entre nuestro titular y el equipo coruñés de la sociedad cultural, estudiantil y deportiva "Los Krass".

Este equipo, que presenta enormes alicientes, es el mejor elenco de los que hasta ahora nos visitaron; en él forman jugadores de indudable valía en el fútbol coruñés y entre ellos destacan varios del Deportivo y del Coruña. (...)

Sabemos de varios elementos que forman en "Los Krass", tales como Basterrechea y Docal, del Coruña, Cachán, Guiadix y Taboada, del Deportivo, y otros como Paito, Mantiñán, Neira y Segret, de los Modestos coruñeses, y Doro Rivera (hermano del gran centro medio de Racing ferrolano), titular del Badalona, y que se encuentra actualmente pasando una temporada en La Coruña. (...)

Las huestes coruñesas que dirige el célebre entrenador inglés "Mister Choni" son esperadas en ésta a las once de la mañana.

Pero nada, os coruñeses marcharon co rabo entre as pernas porque perderon por 3-1. Iso si, puideron gozar do baile co que os obsequiou a directiva local. Esta mesma primavera virían tamén a Cee o Marino FC de Mera e o Club Cormercio, o que non pasou desapercibido para a prensa coruñesa: "De algún tiempo a esta parte, la simpática y acogedora villa de Cée, ha conseguido convertirse en lugar privilegiado del excursionismo deportivo coruñés" (La Voz de Galicia, 3.5.1935_7). O 4 de agosto visita Cee un club da Costa, o Porteño da Ponte do Porto, que cae derrotado por un honroso 3-1. Ese mesmo mes tamén chega outro club coruñés, aínda hoxe en activo, como é o Sin Querer. A novidade da crónica que podemos ler na revista bonaerense Alborada (nº 87, xullo a setembro de 1935) é que lle dan nome ao campo de xogo: campo de Raíces. Polo demais, nada novo no resultado, con vitoria local por 3-0 con goles de Mariano, Montero e Horacio, e boa actuación do porteiro Roberto, que aguantou do equipo na primeira parte mentres non chegaba o dianteiro Horacio, que se incorporou tras o descanso. O 21 de xullo o rival foi o Arteixo FC, que perdeu 2-1, grazas aos goles de Montero e Lastres. Posteriormente virá o coruñés Everton SD antes de recibir ao Club Pirelli de Negreira no partido das festas. O 22 de setembro desprázanse a Arteixo para xogar fronte ao Penouqueira nas festas de santa Eufemia. E os ceenses querían máis e publicaron a seguinte noticia en La Voz de Galicia (15.10.1935_11):

El Cée F. C. reta por medio de este periódico a todos los equipos no federados de La Coruña y alrededores a un partido que se celebrará en campo del primero.

Para la correspondencia, diríjanse al presidente del Cée Fútbol Club, en Cée.

Isto era bastante habitual nestas primeiras décadas do fútbol modesto, os equipos aproveitaban as páxinas dos xornais para buscar rivais cos que xogar lanzando retos, que podían ser respondidos no mesmo xornal. Non coñecemos máis partidos do Cee deste ano, pero si no seguinte. O 10 de maio volverá o Derby SD á vila ceense, para o que preparaban a pertinente excursión. Tamén o fará un novo club, o Fabril Coruña, tamén histórico equipo que máis tarde se había federar co nome de Fabril SD, e xa andando no tempo se había converter en filial do Deportivo logo de fusionarse co CD Juvenil. A visita dos fabrilistas a Cee foi o 7 de xuño e conseguiron levar un empate (3-3). Os que non puideron gozar do tradicional baile pos-partido foron os do Sporting Meicende, que o 14 de xuño foron a Cee, pero "cuando faltaban diez minutos para terminar el match se produjo un incidente entre dos jugadores, echándose el público al campo e impidiendo la continuación del encuentro. Hubo algunas bofetadas, tal cual patada en las canillas... En fin: lo clásico en estos momentos. Los chicos de Meicende volvieron para sus lares tristes y cariacontecidos por lo sucedido, siquiera las palabras de afecto de los miembros de la Directiva del Cée, condenando tales excesos, les sirvieron de lenitivo a su pena" (La Voz de Galicia, 17.6.1936_6). Días despois a directiva ceense volve retar aos equipos, pero agora xa aumenta a aposta: "a todos los de su categoría de la región, en especial a los de Santiago" (La Voz de Galicia, 27.6.1936_9). Con todo, xa tiña apalabrados un par deles con equipos da Coruña, un deles levaba o simpático nome de Ard'o Eixo F. C., do barrio periférico do Camiño Novo (hoxe Juan Flórez). Era unha dobre confrontación que tivo lugar o 12 de xullo, pois viñan os coruñeses co equipo titular e co reserva para enfrontarse co Cee FC sénior e xuvenil. Este puido ser o último partido do equipo ceense, pois unha semana despois prodúcese o levantamento militar franquista.


O concello de Corcubión: Athletic Corcubión e Corcubión FC

Do fútbol en Corcubión destes anos destaca a pouca información que temos do moito que debeu ter. Así o demostran as aparicións intermitentes ao longo destas décadas, que se fixo moito máis visible despois da Guerra Civil. A primeira información que temos xa a vimos coa orixe do Junquera ceense, e foi un partido deste contra o Athletic-Deportivo (así citado algunhas veces, outras Athletic de Corcubión) a finais do ano 1923, do que xa vimos as aliñacións, e no que comentaban que o porteiro Lamas era a alma do equipo. E tamén dixemos que o enfrontamento se ía repetir no mes de marzo de 1924. O problema dos corcubioneses era a falta de campo, ou iso podemos desprender da información que publica o bonaerense El Correo de Galicia (29.3.1925):

Los chicos del football, después de varias tentativas infructuosas para proporcionarse un campo donde poder ejercitar sus aptitudes de "saltarines", por fin consiguieron uno a poco más de un kilómetro de aquí, en el cual tuvieron que hacer varias reparaciones para regularizarlo.

Con el objeto de allegar recursos para satisfacer los gastos ocasionados con este objeto, dieron una función teatral en el "Liceo de Artesanos".

O Athletic (Deportivo) Corcubión, en 1924

Non temos noticia de que xogasen ningún partido no seu novo campo ese ano. Tan só da súa participación no mes de xuño na inauguración do Campo "Pedras Brancas", de Carballo, enfrontándose ao Bergantiños. E non teremos máis noticias ata tres anos despois, cando polas festas das Mercedes (24 de setembro) de 1928 se volve enfrontar o Corcubión ao equipo carballés, pero agora no seu terreo. Novamente van pasar catro anos ata que teñamos outro partido do Corcubión, ou non, pois a pesar de que estaba anunciado un partido en Fisterra para o 27 de marzo de 1932, días despois o mesmo xornal fala dun partido dos fisterráns contra o Muxía ese día. Este mesmo ano, no mes de xuño, o Corcubión FC desprazouse a terras bergantiñás para enfrontarse co Carballo FC, equipo que venceu por 2-0. Non sabemos cando o equipo corcubionés perdeu o Athletic e se converteu en Fútbol Club, ou, como é lóxico pensar, se trata doutro club distinto ao dos primeiros anos da década anterior. Vimos cando falabamos da crise do Club Junquera que había un intento de fusión deste club ceense co "Deportivo que existe en Corcubión", que supoñemos será o Athletic-Deportivo.

En abril de 1934 o club Juventud da Coruña lanza un reto na prensa ao Cee e ao Corcubión, mais nos xornais non vexamos partidos destes últimos. Con todo, o 16 de xuño de 1935 aparece en La Voz de Galicia un artigo que leva por título "A la afición Corcubionesa. ¡No desmayéis!", que vén asinado por un tal RAMCAR e no que fala da construción dun novo campo e da existencia dun equipo chamado Galicia Sporting:

Acogida con feliz entusiasmo por todo el pueblo la feliz iniciativa de un grupo de animososo jóvenes de esa localidad, que llevan en su espíritu un amor profundo hacia los deportes, la construcción de un campo de foot-ball. Me dirijo a la afición de esa simpática villa para que ni un solo momento desmaye ante una idea que tan notablemente contribuirá a la formación de una juventud sana y fuerte que ha sido y será siempre la más orgullosa representación del deporte corcubionés.

Yo, que soy un entusiasta de los deportes y un fervoroso amante de esa acogedora villa, al leer en la sección de deportes de este periódico la reseña de los partidos jugados en todos los pueblos de la provincia, experimentando en mi una sensación de tristeza al ver que en Corcubión no se cultiva ese deporte, que con más razón que ningún otro pueblo se debe cultivar, teniendo en cuenta que fué la villa predestinada a dar al fútbol gallego figuras de tanto relieve como (citaremos en primer lugar a Polo, veterano jugador y alma del Celta), Abella, que perteneció al Compostela, pasando después al Vigo para jugar contra Portugal; Rubén, que con gran maestría defendió la meta del Racing ferrolano, y Andrade, que por su gran dominio sobre el balón, fué el eje del desaparecido y no por eso menos glorioso, Fortuna de Vigo.

Ya sin necesidad de remontarnos a estos tiempos (que aunque no son muy lejanos), cuenta en la actualidad el equipo en formación Galicia Sporting, de esa localidad, con un buen número de elementos, que con un poco de entusiasmo sabrán reconquistar lo que pudiéramosle llamar "glorias pasadas".

Por esto, corcubioneses, ayudad en su interesante labor a estos jóvenes, que luchan por conservar la tradición deportiva de esa, que con mucha razón fué llamada no hace mucho en un artículo de este periódico la meca del fútbol.

O Corcubión FC, en 1932

O 19 de xullo de 1935 lemos a noticia de que no Goberno Civil da Coruña se aproba a inscrición e regulamento do "Galicia Sporting Club" de Corcubión. Pero non volveremos saber de actividade futboleira en Corcubión ata 1938, cando se inicie unha etapa gloriosa no fútbol desta vila.

O concello de Fisterra: o Finisterre FC

Se no caso de Corcubión falabamos que tiñamos pouca información para o que debeu ser o desenvolvemento do fútbol naquel concello, no caso de Fisterra o descoñecemento elévase exponencialmente. Curiosamente, a primeira noticia futboleira que temos é a da fundación oficial, con rexistro no Goberno Civil do Finisterre F.C. en febreiro de 1932. É subliñable, tal e como investigou Gabriel Riveiro para esa historia do fútbol fisterrán que esperemos achegue moita máis luz, como os tres fundadores deste equipo foron tres forasteiros: o telegrafista ferrolán Cipriano Fernández -que non tardaría en ser nomeado alcalde de Fisterra e logo fusilado coa sublevación militar franquista-, o fareiro guipuscoano Antonio Carballo -aínda que fillo de coruñés- e o mestre salmantino Cándido Aguilar (Cfr. Eló. Revista cultural de Fisterra nº 28, agosto de 2020).

O primeiro partido que coñecemos foi xogado polas festas do Cristo, o 27 de marzo de 1932, mais non sabemos a ciencia certa quen foi o rival. En El Ideal Gallego do día 26 anúnciase dentro dos actos das festas "un interesante partido de fútbol, que tendrá lugar a las tres y media de la tarde entre los equipos de la villa de Corcubión y de la localidad"; no mesmo xornal, o 1 de abril, facendo resumo do que foron as festas do Cristo publica: "Hubo un partido de fútbol entre los equipos de Mugía y de Finisterre, que fué ganado por éste, por tres tantos a cero". Polo tanto, non sabemos se os rivais viñan de Corcubión ou de Muxía, pero os fisterráns impuxéronse con claridade.

Do seguinte partido do Finisterre FC tamén temos información dispar, neste caso no resultado dependendo do correspondente. O 14 de abril, para conmemorar o primeiro aniversario da proclamación da IIª República, organizáronse unhas festas en Fisterra, que tiveron como atractivo un partido de fúbol. Tanto na información de La Voz de Galicia do día 17 como a de El Ideal Gallego do día 19 referente a estas festas, sinálase: "A las cuatro de la tarde se celebró un animado partido de fútbol entre los equipos local y de Cée, amenizado por la banda municipal, en el que resultó vencedor el primero por tres goals a dos". Días máis tarde, baixo o titular "Una aclaración" podemos ler en La Voz de Galicia (24.4.1932_7): "Nos escribe nuestro corresponsal en Cée, participándonos en la reseña que publicamos hace días dando cuenta del resultado del match celebrado entre los equipos de Cée y Finisterre, se deslizó un error que quiere subsanar. Parece que el resultado del match fué un empate a tres tantos, ya que poco antes de terminar el encuentro el Club de Finisterre incurrió en penalty, que el árbitro tardó algo en conceder, pero que al fin castigó; penalty que volvió el goal del empate a 'Los once Artilleros', que así se llama el team de aquella villa".

O 9 de xullo de 1933 os fisterráns desprázanse a Cee para xogar no campo das Raíces ante o Cee FC, que facía a súa presentación oficial na casa. Ampla e contundente vitoria dos ceenses por 6-1. E o último partido do Finisterre FC do que temos noticia tamén foi contra o Cee FC, neste caso xogado en Fisterra o 1 de abril, coincidindo coas festas da Semana Santa, e o resultado foi de empate (1-1), sen que coñezamos máis datos.


O concello de Muxía: o Club Buserán, o Muxía FC e outros equipos nas parroquias

Varios equipos no concello muxián, con especial vitalidade nos últimos anos da década dos vinte. O fútbol en Muxía tivo nestes anos un protagonista especial que nos deixou testemuño diso, o fotógrafo Ramón Caamaño. As súas crónicas e fotos dos encontros celebrados en Muxía (e tamén noutras vilas) apareceron tanto na prensa coruñesa como na da emigración americana. A primeira información que temos dun partido xogado polos muxiáns é na Ponte do Porto, o 24 de agosto de 1924, encontro do que xa vimos a crónica no apartado do fútbol en Camariñas (gañaran os muxiáns 1-3), e nela incidíase no partido de volta no campo de Muxía, do que descoñecemos se se celebrou. Deste equipo de Muxía tampouco teremos máis noticia.

Porque a seguinte referencia ao fútbol muxián chega en xaneiro de 1927 coa creación do "Buserán Club", segundo lemos na noticia de El Ideal Gallego (21.1.1927_3):

En vista del entusiasmo de los jóvenes de esta villa por el fútbol, y para favorecer la afición al deporte, el presidente del Casino, el alcalde y otras significadas personas de la localidad, organizaron una sociedad y formaron un equipo, seleccionando onde de los más entusiastas "equipiers".

Anticiparon además el dinero para los gastos del equipo y para construir un "stadium" en la finca "La Camposa".

Se bautizó el equipo con el nombre de "Buserán Club".

O Buserán Club, de Muxía, no ano 1928

E como non podía ser menos o primeiro rival que lle atopamos a este Buserán é o veciño Porteño, na inauguración do campo destes no mes de marzo, con clara vitoria local por 5-0. Repetiron experiencia no mes de xuño, tamén na Ponte do Porto, nun encontro que como tamén vimos no referente ao fútbol camariñán, non sabemos se xogou o equipo sénior ou xuvenil do Buserán, nin coñecemos exactamente por canto perdeu (2-0 ou 2-1), a teor da distinta información dos xornais coruñeses (Para complicar a ecuación, El Ideal Gallego do 18 de xuño traía que o rival muxián dos porteños era o Caforro). Entre os destacados do equipo xuvenil muxián El Orzán (19.6.1927_2) sinala ao porteiro Caamaño, é dicir, o fotógrafo Ramón Caamaño, e a García Pequeño.

Pero o fútbol tamén chegaba a máis parroquias do concello, coma a de Moraime, en concreto ao lugar dos Muíños, e tamén traía novos equipos na vila: o Caforro (El Ideal Gallego, 7.6.1927_8):

Ayer se celebró en el campo de Río Negro un partido amistoso entre el "Molinos" y el "Caforro", de Mugía, arbitrando García Muiño.

Venció el segundo por seis tantos a uno.

Por los vencedores se distinguieron Caamaño, Sar, Angelito, Quilino, Diz y Tonete, y por los vencidos Perfecto, Moreira, García e Insua.

Outra parroquia á que chegou o fútbol foi a de San Martiño de Ozón, no lugar de Quintáns. No mes de outubro de 1927 temos un dobre enfrontamento destes contra o Buserán. O primeiro partido foi disputado en Muxía o 2 de outubro, no que a crónica de El Ideal Gallego (6.10.1927_8) traía ademais a foto dos dous equipos, da autoría de Caamaño:

Se ha celebrado un partido amistoso en el campo de la Camposa, de esta villa, entre los equipos "Quintáns" y "Buserán", como despedida del jugador Camilo García Muiño.

Arbitró, con acierto, Gonzalo Balboa.

El dominio fué del "Buserán", que venció por cuatro a cero.

Marcaron los tantos Diz, Elías, Rey y Quilino.

Por la noche se celebró un animado baile en la plaza de la Constitución, organizado por la directiva del "Club Buserán".

O día 16 xogaron en Quintáns, con vitoria de novo do Buserán por 1-0, nun equipo no que destacaron "Caamaño, Sar, Rey y Lema, y por los vencidos todos en general" (El Ideal Gallego, 18.10_1927_3). O 13 de novembro o Buserán, co equipo suplente, disque, visitaba de novo o campo dos Muíños (El Ideal Gallego, 15.11.1927_3):

Ayer se desplazó al campo de Río Negro (Molinos), el equipo reserva del "Buserán", para jugar un partido amistoso contra el equipo de aquella localidad, saliendo vencedor el "Buserán", por un goal a cero, marcado por Álvaro Leis, al faltar dos minutos para terminar el encuentro.

Sobresalieron el portero Caamaño, que paró un penalty, el defensa Sar, y los delanteros Leis, Puertas, Rey y Diz; los demás, regulares.

Por los "Molinos" todos bien, especialmente Luisito, Josesito y los defensas.

Arbitró el encuentro Antonio Toba.

Inauguración do campo da Arliña, en 1932, co Muxía-Corcubión

Sen noticias do fútbol muxián en 1928, o 1 de setembro de 1929 visitaba a vila da Barca o Ball-Soneira de Vimianzo, que foi derrotado por 2-1, con devolución de visita ao domingo seguinte, con clara vitoria dos soneiráns por 5-0, partido dos que xa falamos no apartado do fútbol vimiancés. O 13 de xuño de 1930 temos outro partido xogado nos Muíños, que non chegou ao final por incidentes entre os xogadores, a pesar de que o equipo rival era o formado por xogadores xuvenís do Buserán e do España. El Ideal Gallego (17.6.1930_1) daba noticia dos feitos:

El día de San Antonio, se desplazó al campo de Río Negro, un conjunto de los equipos Infantil España y Buserán de Mugía, para jugar un partido de entrenamiento con los de "Los Molinos".

Componían el equipo de Mugía: Teselan, Macario, Caamaño, Evaristo, L. Conde, Anxica, Iluminado, Compañero, Alfonso, Victorino y Felipe.

A las cuatro y media empezó el partido, y a los diez minutos de juego, Alfonso inauguró el marcador con un buen tiro esquinado.

El segundo tanto fué resultado de un córner tirado por Victorido, aprovechando Iluminado para marcarlo.

En el segundo tiempo, Victorino marcó el tercer goal, no pudiendo terminarse el partido porque a causa de unas palabras entre Victorino y Chiqueno de Labejo tuvo que suspenderse.

O España era un club que se acababa de formar, como podemos ler no pé de foto que se inclúe no Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía (nº 10, 31.5.1930_5) de Buenos Aires: "Grupo de animados muchachos de Mugía, que formaron un equipo infantil de Foot-ball, con el nombre de España". Este mesmo ano atopomos outro equipo en Merexo, o Marino, do que temos coñecemento de dous partidos xogados no mes de setembro. O primeiro foi contra o equipo dos Muíños, do que temos esta crónica de El Ideal Gallego [10.9.1930_2]:

El domingo 7, se celebró en este puerto un partido de fútbol en el campo de San Ramón entre los equipos "Marino" de esta localidad y el Molinos del vecino pueblo del mismo nombre. El partido fue muy vistoso dominando constantemente el equipo local que logró vencer a su contrario por 2 á 0 marcados por Siaba de penalty. Sobresalieron por los vencedores el portero Barrrientos II, la defensa y Correa, y por los vencidos Rafael. Arbitró el señor Lois de Mugía.

El Marino alineó a Barrientos II; Jobarca, Siaba; Pérez, Ismael, Blanco; Cheiñó, Traba, Manolito, Correa y Paradita.


O domingo 21 o rival do Marino de Merexo foi o España de Muxía e a vitoria foi local por 6-2, con goles de Nogueira (3), Blanco (2) e Correa. O equipo local aliñou nesta ocasión a Barrientos II, Jobarca, Domínguez, Lema, Ismael, Siaba, Paradita, Manolito, Nogueira, Correa e Blanco. Dous anos despois, no Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía (nº 14, marzo de 1932, p. 29) temos unha foto doutro equipo, neste caso do lugar de Xurarantes: "El equipo de Foot-ball de Jurarantes, formado y dirigido por el entusiasta D. Daniel Romero Busto". Á parte desta, da outra referencia que temos do fútbol en Muxía nos tempos da IIª República non estamos seguros. Foi un partido que se xogou en Fisterra o 27 de marzo de 1932, polas festas do Cristo, que, como vimos no apartado do fútbol fisterrán, se anunciou contra o equipo de Corcubión, e días despois se di que o Fisterra lle gañou ao Muxía (sic, non fala de Buserán) por 3-0. Seguramente fose o equipo de Muxía o que participou, pois a touro pasado é máis fácil atinar. Con todo, deixamos de ter outra información do fútbol no concello muxián despois de ver que tiña certa actividade no final da década anterior, aínda que como vimos, mantiña unha participación bastante local, sen máis viaxes fóra que a Vimianzo ou á Ponte do Porto.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

CEN ANOS DE FÚTBOL NA COSTA. 5. A CHEGADA DO FÚTBOL ÁS COMARCAS DE MUROS E DE NOIA

  O concello de Carnota: Deportivo Pindo e Carnota Apenas contamos con información de partidos de fútbol neste concello, a pesar de atopars...