21/10/23

CEN ANOS DE FÚTBOL NA COSTA. 3. A CHEGADA DO FÚTBOL ÁS TERRAS DE SONEIRA, XALLAS E BARCALA

 O concello de Camariñas: o Deportivo Porteño


Deportivo Porteño, nos anos vinte

Na Ponte do Porto foi onde máis calou este deporte, pois o Deportivo Porteño (ás veces Porteño FC) tivo unha longa vida, polo menos de 1924 ata 1935, e do que atopamos case unha vintena de partidos, o que o converte nun dos clubs máis prolíficos da Costa. É curioso que non aparece nada relativo a outros lugares do concello, como Camariñas ou Camelle, aínda que por veces se fai mención que o Porteño xogaba reforzado con xogadores da capital municipal, mais descoñecemos a existencia dalgún club alí. O primeiro partido dos porteños foi o 24 de agosto de 1924 e del lemos a seguinte crónica (La Voz de Galicia, 31.8.1924):

Se celebró en Puente del Puerto un interesante partido de fútbol entre el equipo de esta villa y el de Mugía.

Los equipiers mugianos hicieron el viaje en un automóvil, acompañados por el presidente y varios entusiastas, siendo recibidos a su llegada al Puente, por el pueblo en masa.

Después de ser obsequiados en el Casino, se trasladaron los jugadores en varios autos al campo de Carantoña, que se hallaba ocupado por las más distinguidas personas de la villa, viéndose muchos forasteros que habían acudido deseosos de presenciar el primer partido que allí se celebraba.

El encuentro resultó interesantísimo, dado el brillante juego desarrollado por ambas partes y que terminó con la victoria del equipo de Mugía por tres tantos a uno.

Todos los jugadores trabajaron incansables, sobresaliendo por el Mugía, su capitán J. García López, que apuntó dos tantos; el guardameta Ramón Mejuto, que estuvo incansable y recibió grandes ovaciones, y la linea de medios Pío García-Gonzalo Balboa-Camilo García.

Por el equipo del Puente, se distinguieron su capitán Lemus y Leopoldo Miñones.

Los excursionistas de Mugía regresaron de madrugada satisfechísimos de los agasajos recibidos y deseosos de jugar el segundo partido en el campo de su propiedad, que en esta última villa tienen.

Á semana seguinte houbo devolución de visita, nos únicos partidos que atopamos deste ano. Ao seguinte, no mes de xullo, o Porteño vai xogar a Cee fronte ao Junquera reforzado con xogadores de Camariñas e Vimianzo, e aínda así perde 5-0. A pesar de que en 1925 se di que se celebra o primeiro partido no campo de Carantoña -supoñemos sito nesta parroquia vimiancesa-, en 1927 o Porteño inaugura novo campo de fútbol, do que non coñecemos a situación, pero debería estar xa na vila. Hai noticias contraditorias, pois na prensa fálase da inauguración en dous partidos. O primeiro foi no mes de marzo e o rival foi o Buserán de Muxía, club que tiña como porteiro ao fotógrafo Ramón Caamaño. Na revista bonaerense Alborada (maio 1927) podemos ler a crónica tirada de El Ideal Gallego (23.3.1927_3) e tamén a foto dos integrantes do Deportivo Porteños -así o citan sempre- cos seus nomes a rodapé. A crónica di o seguinte:

Con un lleno rebosante se celebró en esta villa la inauguración del campo de deportes entre los equipos representativos de los pueblos de Puente del Puerto y Mugía. El partido dió comienzo con un avance formidable del "Deportivo Porteños". A los veinte minutos marcó el primer tanto de la tarde en forma impecable por el interior derecha Leopoldo de un fortísimo tiro. En el segundo tiempo los del Deportivo marcaron casi seguidos cuatro tantos más. El partido se desarrolló dentro de la buena amistad que une a los dos pueblos y que será principio de una serie de partidos que en esta temporada se concertará entre los varios equipos que hay en este partido de Corcubión.

Inauguración do campo da Ponte do Porto en 1927,
cun partido entre o Porteño e o Junquera de Cee

E o mesmo xornal coruñés publica na contraportada do 20 de abril tres fotos de Ramón Caamaño co seguinte pé de fotos: "El último domingo [17 de abril] se celebró solemnemente en Puente del Puerto, la inauguración de un magnífico campo de deportes, contendiendo los equipos Junquera, de Cée, y Deportivo Porteño, de Puente del Puerto. Los deportistas de la simpática villa dieron muestras de su religiosidad, disponiendo que el campo recibiese la bendición de la Iglesia". Pode ser que o do Buserán fose o primeiro encontro que se disputou no campo, mais a inauguración oficial foi contra o Junquera. Tamén temos noticias contraditorias do seguinte partido do Porteño disputado o 12 de xuño, neste caso dependendo do xornal. En El Orzán din que se enfrontou o equipo local do Porteño FC contra o Infantil [xuvenil] do Buserán de Muxía, vencendo os primeiros por 2-1; mentres en La Voz de Galicia di que o infantil era o do Porteño, que gañou por 2-0, sobresaíndo Mouzo, Roget, Lemus, Miñones e Suárez; e por último, El Ideal Gallego coincide en todo con La Voz menos no rival, que di que era o Canforro de Muxía.
Equipo do Porteño que inaugurou o seu campo contra o Junquera,
en foto de Ramón Caamaño publicada en El Ideal Gallego

O 7 de agosto de 1927 visitaba o campo da Ponte o Bergantiños FC, que se viu superado polo equipo local do Deportivo Porteño, "venciendo los Porteños por cinco tantos a dos. A los ocho minutos de empezado el partido, por una arrancada del extremo derecho del 'Porteños', que recoge Miñones muy oportuno, coloca el balón en la red. Los demás tantos fueron marcados por Lemus, Ruvianes y Ramón; Leis y Alejandro estuvieron admirables" (La Voz de Galicia, 13.8.1927_5). O 4 de setembro houbo devolución de visita a Carballo, con empate (2-2) no marcador, con goles do Porteño de Largo e Dosindo, "equipiers santiagueses" que reforzaran o cadro da Ponte (El Eco de Santiago, 5.9.1927_2).

O 25 de setembro chegou o primeiro derbi comarcal para o Porteño, un partido con todo tipo de incidentes, segundo as crónicas, que tamén lle botaban máis leña ao lume (La Voz de Galicia, 30.9.1927_5 e El Pueblo Gallego, 29.9.1927_15):

Se jugó un interesante partido de fútbol entre los equipos "Vall-Soneira" de Vimianzo, y el "Porteños F.C." de Puente del Puerto, en el campo de este último.

La tarde lluviosa deslució bastante las jugadas de ambos equipos, teniendo con tal motivo que dar comienzo a las seis de la tarde con tiempo suficiente para poder terminar dicho partido.

Sin embargo, y a pesar del mal tiempo el equipo Vall-Soneira consiguió tener al Porteños constantemente embotellado, venciéndole por dos a uno, no siendo la derrota del Porteños mayor por haberse suspendido el partido a los diez minutos de comenzado el segundo tiempo a consecuencia de la noche, que se echaba encima.

Muy a pecho debieron tomar los de Puente la derrota de su partido porque cuando regresaban los de Vimianzo en el coche que los había conducido, la despedida que tuvieron fue una lluvia de piedras algunas de las cuales hirieron a los jugadores y acompañantes.

Esta fue la despedida que se les hizo a los excursionistas porque arrastraban con su victoria los laureles conquistados en la temporada por el de aquella localidad.

Ao ano seguinte, o 15 de abril de 1928, o Porteño viaxa a Malpica para xogar un novo partido. A aliñación formada por Rogelio, Minos, Rogé (J.), Rogé (R.), Rogé (S.), Quico, Lastres, Túñez, Rubianes, Constante e González non lle puido facer fronte ao equipo local (3-0). Máis o destacado do partido veu coa boa camaredería de despois (El Ideal Gallego, 18.4.1928_4):

A la conclusión del partido se organizó un animado baile en la plaza pública, amenizado por la música, y en los descansos, el aficionado Andrés Carril, acompañado del tamborilero Abelardo Pérez, de Puente del Puerto, que vino con los del equipo, ejecutó con la dulce gaita gallega diversas y melodiosas piezas de marcado sabor regional, que fueron justamente aplaudidas por el público.

A la noche, confundidos porteños y malpicanos fueron los primeros y sus compañeros de excursión, entre los que recordamos y tuvimos el gusto de saludar a nuestros simpáticos amigos el culto galego don Eliseo Moreira, señores Rubianes, Miñones, Suárez Noya, Lastres, Carril Romero (don Ernesto) y García Lago, fraternalmente agasajados y cumplimentados por sus compañeros del Club local, siendo despedidos con iguales muestras de afecto, y con hurras por ambos pueblos hermanos, deseando que la fiesta se repita.

O 29 de xuño, festividade de San Pedro na Ponte, houbo novo encontro, entre o equipo local e o Junquera FC. Del temos dúas crónicas, unha breve efectuada desde a Ponte e publicada en El Pueblo Gallego (8.7.1928_19), e outra máis longa feita desde Cee para La Voz de Galicia (3.7.1928_5). Na primeira, o redactor sinala que venceu por 4-1 o Deportivo Porteño e que "el partido resultó muy animado y de jugadas muy bonitas, pero debido a la derrota sufrida por el equipo forastero, sus componentes quisieron imponerse con el juego duro, que trató de cortar el árbitro, que actuó con imparcialidad". Na segunda, dise que o Junquera se enfrontou a "una selección compuesta por tan sólo cuatro elementos locales, y el resto por jugadores de La Coruña, Santiago y Vigo; alguno de primera categoría y conocida fama, como Astray, del Emden. A esta selección se le ha denominado Porteño F. C.". Fala o cronista de 3 mil persoas no campo, que viron unha nefasta actuación arbitral, que fixo retirarse ao Junquera do campo, ao que volveu pasados vinte minutos, mais novas decisións arbitrais fixeron que os ceenses se retirasen por segunda e definitiva vez faltando 15 minutos. Non fala de como tomou o público esta decisión, mais si di que para a semana estaba prevista a visita do Porteño a Cee, que non sabemos se chegou a disputarse.

Ata o 4 de outubro de 1931 non atopamos máis partidos do equipo do Deportivo Porteño, neste caso un derbi contra os do "Balsoneira" (sic) de Vimianzo. Clara vitoria local por 8-0, mais na prensa dábanlle o desquite aos vimianceses no seu campo cando quixesen. Non sabemos se houbo tal desquite. Os últimos partidos do Deportivo Porteño foron en 1935, un o 5 de maio na Ponte do Porto, ante o Laxe FC, ao que lle gañaron por 1-0 con esta aliñación: Pichón; Evaristo, Narciso; Bermúdez, Severo, Merito; García, Juan, Recho, Pito e Constante. O outro o 4 de agosto, en Cee, ante o potente Cee FC que venceu 3-1, con boa actuación dos porteños que xogaron con: Rogelio; Minos, Bermudes; Pecho, Severo, Narciso; García, Conde, Vázquez, Chisto e Constante. Este último foi o autor do gol do Porteño.

Na prensa bonaerense, en concreto na revista Alborada (42, xaneiro de 1929), atopamos outro equipo na Ponte do Porto, o Flecha Negra, que xogou como locatario un partido fronte ao Malpica FC, empatando a uns, e no que "se distinguieron los locales Constante, Moreno, Pepito, Maximino, hermanos Roger (sic) y el portero". A partir de 1940 volveremos atopar partidos do Porteño e por vez primeira do Camariñas.


O concello de Vimianzo: o Ball-Soneira FC

O equipo de Vimianzo levaba o nome da comarca, Soneira, ao igual que o de Baio; dos dous temos noticias no ano 1927. O equipo vimiancés levaba por denominación Ball-Soneira F. C. (moitas veces aparece como Vall-Soneira, quizais por confusión da palabra galega val co anglicismo ball), e o seu primeiro partido foi na Ponte do Porto, no encontro que xa vimos que foron despedidos cunha chuvia de pedras. Os seguintes partidos do Vall-Soneira que atopamos son de 1929, nunha visita que fai o 1 de setembro ao Buserán de Muxía, con vitoria local por 2-1, aínda que parece que non chegou ao final: “La actuación de árbitro, completamente inepto en estos menesteres, parcialísimo, determinó que en el segundo tiempo se retirara el conjunto forastero” (El Noroeste, 4.9.1929_3). O día 8 de setembro houbo devolución de visita, e o Ball-Soneira impúxose claramente (El Pueblo Gallego, 13.9.1929_3):

Con gran concurrencia se celebró el domingo último en el campo de deportes Los Campelos, del Vall-Soneira, de esta villa, un interesante partido de fútbol con el equipo Buserán F. C., de Mugía.

Durante todo el partido el dominio fue de los locales, que vencieron a los visitantes por el score de cinco goals a cero.

El primer tiempo terminó con cuatro a cero (uno de penalty), a favor de los nuestros, logrando estos en el segundo tiempo un nuevo goal.

Por los forasteros destacaron García y Aranaz, y por los de casa todos bien, sobresaliendo Leis, Vázquez y el defensa Agustín, que fue el mejor de los veintidós.

El público, correcto, y el arbitraje, a cargo del joven Pérez Lema, imparcial, aunque perdonando algunas faltas a ambos bandos.

A continuación se obsequió a los forasteros con refresco y un baile que se organizó en su honor.

O resultado deste partido contrasta co obtido dous anos despois na Ponte do Porto ante o Porteño, pois o Ball-Soneira perdeu por un contundente 8-0. Aínda que na crónica invitan aos vimianceses ao desquite, non sabemos se tivo lugar, polo que este encontro do 4 de outubro de 1931 foi o último do que temos noticia do equipo representativo de Vimianzo ata o ano 1938, cando comece a coller forza o fútbol na capital de Soneira.


O concello de Zas: o Soneira FC e o Zas FC

O 4 de setembro de 1927 tivo lugar o primeiro enfrontamento entre os dous equipos representativos do concello zasense: o Soneira F. C., de Baio, e o Zas F. C., da capital municipal. Como vemos, os baieses escolleron levar o nome da comarca, ao igual que fixeron ese mesmo ano os de Vimianzo, a imitación do que fixera catro anos antes o Bergantiños en Carballo. O encontro espertou grande expectación, como o demostra a información do correspondente de Zas de La Voz de Galicia (2.9.1927_5):

El próximo domingo se celebrará un partido amistoso entre los primeros equipos del Zas F. C. y del titular de Bayo.

El encuentro promete ser intersantísimo y muy competido. Es la primera vez que ambos clubs se enfrentan y ha despertado su anuncio mucho entusiasmo en estas localidades.

El "match" habrá de efectuarse en Bayo y allí deben ir todos los buenos aficionados y entusiastas de Zas, a animar a nuestros muchachos que van llenos de fe a luchar con estos nuevos rivales.

El equipo de Zas está integrado por Rogelio Montero, Manuel Montero, Francisco Romero, Laureano Trillo, Roberto Romero, Gonzalo Fariña, Enrique Pose, Segundo Varela, Pose, Ricardo Varela y Daniel.

A vitoria neste primeiro (e único do que temos coñecemento) foi para o cadro zasense con clara superioridade, como sinala a crónica de La Voz de Galicia (8.9.1927):

El domingo último se celebró en Bayo el anunciado partido de fútbol en el que tomaron parte el Soneira y el Zas F.C.

El encuentro resultó admirable, por el buen juego hecho por uno y otro equipo y por la gran cantidad de espectadores que asistieron.

El once del Zas venció por cinco goals contra uno, evidenciando su superioridad. Se distinguieron el medio centro Roberto Robles y los defensas Montoto y Romeu estuvieron muy seguros.

Por el Soneira sobresalió Manuel R. que hizo alarde de sus buenas condiciones para el fútbol.

El referee estuvo imparcial.

Polo que se desprende do publicado na prensa, non era o primeiro encontro do Zas FC, mais non atopamos ningún partido anterior. Tampouco anterior nin posterior do Soneira FC. Do Zas FC si que temos un par de enfrontamentos posteriores; un deles contra os de Santa Comba unha semana despois do derbi municipal, a teor da información publicada en Buenos Aires na revista Alborada (nº 27, outubro de 1927):

Está causando un entusiasmo grande al público la actuación del equipo de balompié organizado en Zás por los entusiastas jóvenes de la localidad, habiendo obtenido un rotundo éxito en el encuentro celebrado el día 4 frente al Soneira F. C., de Bayo, y empatando a 0 con el F. C. Santa Comba el día de los Milagros. ¡Bravo por el F. C. Zás!

O seguinte e último foi máis adiante no tempo, en concreto o 9 de agosto de 1931, no que o CD Barcala, de Negreira, se desprazou a Zas de Carreira (especifica ben a crónica para non confundilo coa parroquia barcalesa de mesmo nome). O Zas colleitou unha derrota (3-4) neste seu último partido coñecido.


O concello de Santa Comba: o Rezola FC, o Xallas SC e o Lagarto FC

Do fútbol na Terra de Xallas temos moi poucas noticias nestas décadas vinte e trinta do século XX. Non temos ningunha no concello de Mazaricos e escasas no de Santa Comba. O que non quere dicir que non se disputasen partidos e fose o fútbol diversión habitual da mocidade xalleira, pero non aparecía na prensa. A existencia de dous clubs máis ou menos fortes a comezos dos trinta poden ser boa mostra disto. Con todo, a primeira noticia dun equipo en Santa Comba acabamos de vela no apartado dedicado ao concello de Zas, cun partido do Santa Comba FC contra o Zas FC que acabou sen goles.

O 19 de abril de 1930 aparece publicada na prensa viguesa (El Pueblo Gallego) unha crónica entre dous equipos de Santa Comba, o Rezola FC e o Xallas SC. Velaí o comentario do partido xogado seis días antes:

El domingo pasado, en el campo de la "Muralla", propiedad del "Rezola", contendieron ante enorme concurrencia los equipos arriba citados.

El encuentro resultó muy interesante, venciendo el Rezola por tres a dos, siendo marcados los del primero, después de unas buenas jugadas, por Lojo, Pérez y Otero, y los del segundo, por Vieites y Zaerea.

Arbitró el partido el señor Tuñas con mucha imparcialidad, alineando los equipos del modo siguiente:

Rezola F. C.: Braña, Turnes, Barros, Pereira, Manolín, Lema, Castro, Lojo, Otero, Pérez y Gil.

Xallas S. C.: Barbeira, Temes, Ferreira, Roque, Camilo, Negreira, Moroto, Vieites, Zaera, Piñeiro y Carballo.

Non pasaran vinte días deste encontro, e no mesmo medio (El Pueblo Gallego, 7.5.1930.3) aparece unha noticia sen asinar que leva por título "¿Se fusionan o no el Xallas S. C. y el Rezola F. C.?":

Hace tiempo veníamos oyendo que se trataba de llevar a cabo la fusión de los dos equipos existentes en este pueblo, sin que esto acabe de efectuarse, a pesar de que más de una vez que se nos pidió nuestro parecer hemos abogado por la rápida ejecución de este proyecto el cual, ahora, parece que va a ser llevado a la práctica, con gran regocijo de las partes interesadas.

Los motivos que siempre nos han puesto de parte de los que opinan por la fusión de estos dos grupos futbolísticos, son, entre otros; los que una vez unidos, se formaría con sus mejores elementos un equipo máis potente, el que podría ser a los existentes en los pueblos y villas comarcanas, con más probabilidades de éxito que cualquiera de los dos que hoy tenemos.

Hay otro motivo para efectuar la fusión, de no menos importancia que el anterior y el que hemos tenido muy en cuenta al declararnos partidarios de ella; ésta es: la falta de apoyo, material y moral, por parte de la mayoría de las personas que en este pueblo podían y debían ayudarnos a la creación de un equipo que pudiera presentarse en cualquier lado, pues los que hoy tenemos no pueden porque viven gracias al entusiasmo de unos cuantos muchachos que luchan a cada momento con la falta de recursos para adquirir lo más indispensable para su equipo; y, como es una gran verdad que de la unión nace la fuerza, creemos que, al efectuarse la fusión, ganaremos en potencialidad futbolística y económica. Esto último no da lugar a dudas, pues los gastos del equipo que salga de la fusión han de ser necesariamente menores que de los dos existentes, y los ingresos mayores. Afirmamos esto, por habernos entrevistado con muchas personas que hasta el día se mostraban indiferentes o reservadas, y al hablarle sobre el particular nos han ofrecido su apoyo moral y material.

Esperemos que con la fusión del "Xallas" y del "Rezola" tomarán todos con más cariño en este pueblo el fútbol, no tardando, por ello, en ver completamente equipado ao nuevo "team" (cuyo nombre ignoramos por hoy) y decidiéndose a concertar partidos por ahí adelante. Garantía de dirección de la nueva sociedad, por ser todos ellos de respetables y distinguidas personalidades de este pueblo, las cuales no dudamos han de poner todo su cariño en ello.

¡Qué así sea!

O Xallas S.C. de Santa Comba

Desta obtemos a información de que o apoio ao fútbol aínda era escaso polo común da poboación, ou polo menos, por parte dos que podían colaborar para o fomento deste novo deporte. É curioso cando un dos equipos, se non estamos enganados, levaba o nome dunha empresa (Lizariturry & Rezola). Descoñecemos se a fusión foi adiante ou non, nin tampouco atopamos máis partidos disputados por estes dous equipo. Co que si demos dous anos despois foi cun novo equipo, o Lagarto FC, que podemos entender como continuador do Rezola, por canto o xabrón Lagarto era o principal produto da empresa antes mencionada. Deste equipo encontramos un único partido, disputado o 25 de setembro de 1932 no xa coñecido campo da Muralla ante o infantil (é dicir, xuvenil) do CD Barcala. Esta é a crónica de El Pueblo Gallego (28.9.1932_6):

En el campo de la Muralla de esta localidad, se celebró el domingo un partido de fútbol amistoso entre los equipos Barcala infantil, de Negreira, y el Lagarto F. C., de esta localidad, que formaron de la siguiente forma:

Barcala infantil: Pintos; Chucho, Piolo, Piolo II; Músico, Bruno, Atrevido; Rico, Vichurro, Terrible y Moncho.

Lagarto F. C.: Sastre; Camilo, Lolo; Raso, Chemaría, Pereira; Arturo, Manolín, Tino, Pachín y Celestino.

Ganaron los del Lagarto por dos a uno marcados por Tino y Arturo, y el del Barcala, por Vichurro.

Un centrocampista do Lagarto, Raso, alcume de José Suárez Suárez, vai ser o futuro presidente do Xallas FC da Liga da Costa, club que foi o primeiro en ter publicidade na súa camiseta: o xabrón Lagarto. A pesar de que na páxina web "Santa Comba na memoria" aparece algunha foto que sinalan ser do Santa Comba FC do ano 1933 non atopamos na prensa ningunha referencia ao fútbol neste ano nin nos seguintes na capital xalleira, salvo un partido suspendido polas festas das Milagres en 1935 que ía enfrontar ao equipo local co Laxe, pero non se puido disputar pola morte dun xogador laxense.


O concello de Negreira: o CD Barcala e o Club Pirelli

Na comarca de Barcala o fútbol tamén chegou e disque o fixo xa en tempos temperás, igual influído pola súa proximidade a Santiago. Nas orixes do fútbol noiés, afirma o correspondente do xornal El Pueblo Gallego nesta vila, está o España F.C., que ao pouco de nacer, en 1911, "en una tartana de alegre cascabeleo, recibimos la primera visita de un equipo forastero que con el nombre del 'Tambre F. C.' nos envía la villa de Negreira" (El Pueblo Gallego, 24.8.1927). Así pois, xa temos fútbol en Negreira na segunda década do século XX. Deste Tambre FC pouco máis sabemos e tampouco do fútbol nesta comarca nos seguintes vinte anos.

Haberá que agardar a 1931 para encontrar outro equipo en Negreira: o Club Deportivo Barcala. O primeiro partido do que temos noticia celebrouse o 11 de xaneiro na veciña parroquia de Ons (Brión) ante o novo club local con empate a tres (El Pueblo Gallego, 14.1.1931_9):

El día 11 tuvo lugar la inauguración del campo de fútbol que la nueva sociedad deportiva "Galicia F. C." posee en la Gándara, celebrándose un partido entre el propietario del campo y el "Club Deportivo Barcala".

A las tres de la tarde salta al campo el Barcala, haciéndolo minutos más tarde el "Galicia F. C." y bajo las órdenes de Robustiano López alinean los equipos en la siguiente forma: "Galicia F. C.": Pedro; Urbano, Modesto; Ventura, Cajuso, Argimiro; Negreira, Antonio, Manolo, Pedrares y Arufe; el de Barcala, Vázquez; Caamaño, Figueiras; Ares, López, Carrillo; Ramón, Tomé, Leis, Pensado y Mejo. En el segundo tiempo, Quinteiro sustituye a Ramón.

O 2 de agosto dese ano temos un novo encontro, neste caso en Negreira, fronte ao equpo santiagués do Vidán FC ou iso parecía: "En el Tilleiro se jugó un encuentro entre los equipos mencionados, aún cuando el Vidán era una selección santiaguesa en la que figuraban dos elementos del Compostela y tan solo un titular del team desplazado" (El Pueblo Gallego, 5.8.1931_7). O cronista xustificaba así a forte goleada (0-7), aínda que só en parte, pois "el portero y el defensa izquierda, muy malos, debiéndose a ellos la cuantiosa derrota". Con todo, ao día seguinte o correspondente en Santiago do mesmo xornal retrúcalle ao seu camarada negreirés que o Vidán foi con todos os seus xogadores, menos un, membro do Compostela, que ía de excursionista e que xogou pola lesión dun dos membros do plantel titular do Vidán.

O CD Barcala esqueceu a ampla derrota uns días despois na súa visita a Zas (de Carreira, como especifica o cronista), onde gañou 3-4 ante o titular da vila. Isto debeulles dar azos aos de Negreira para afrontar o desquite cos de Vidán, cos que xogaron no seu campo o día 23 sen que saibamos o resultado. A comezos de 1932 vén a Negreira outro conxunto compostelán, o Gelmírez F. C., que se impón por 0-2 ao Barcala. É posible que o club negreirés formase tamén equipo xuvenil, a teor do que se desprende do publicado o 29 de setembro de 1932 en El Pueblo Gallego, que fala do partido Lagarto FC e Barcala Infantil, do que vimos a crónica no apartado de Santa Comba. O equipo sénior viaxa o 2 de outubro a terras bergantiñás para contender co Carballo FC. O seguinte partido que lle atopamos foi o 12 de marzo de 1933, no que parecía ser un derbi fronte ao Arenas del Tambre. Esta é a crónica do partido que ofrece El Pueblo Gallego (15.3.1933_7):

El pasado domingo jugaron el Barcala y el Arenas del Tambre.

Los equipo alinearon así:

Barcala: Garafello, Pedro, Manolín, Agustín, Vázquez, Chucho, Tino, Raxo, Vicente, Emiliano y Jesús.

Arenas: Pintos (J.), Monchés, Pintos (C.), Muxico, Mero, Toscano, Randa, Vichurro, Juan, Piñeiro y Terrible.

A los 25 minutos marca el Arenas el primer tanto, finalizando el primer tiempo sin que se marquen más goals.

En el segundo tiempo defienden al Arenas solo nueve jugadores por retirarse Juan y Toscano. De salida los del Barcala marcan su único tanto por mediación de Vázquez.

Transcurridos veinte minutos Pintos obtiene el segundo para el Arenas y este equipo, animado por el nuevo goal, se impone. Pintos marca el tercero y Vichurro logra el cuarto y último de la tarde.

El match finalizó pues con la victoria del Arenas por cuatro tantos a uno.

Se distinguieron: por el Arenas, el portero, que fue el mejor de los veintidós, y los demás a una misma altura, y por el Barcala, Vázquez.

O 8 de xullo dese ano, o Barcala recibía no seu campo ao Rayo compostelán, no que foi o último partido que lle coñecemos ao Club Deportivo Barcala. A única noticia posterior vén dada por un acto no seu local social das Mocedades Galeguistas de Barcala, no que falaron Ovidio Tomé Castro, Constantino Brenlla e Avelino Pousa Antelo. Como acabamos de ver, xunto co CD Barcala había máis equipos en Negreira, como o Arenas del Tambre e, posiblemente, o Galicia S. C., se facemos caso a que os apelidos deste club fano distinto do Galicia F.C. de Ons que vimos ao comezo. Este club recibiu o 27 de novembro de 1932, no único encontro do que temos constancia, "en la villa de Negreira" ao Mercurio FC compostelán (cfr. El Eco de Santiago, 26.11.1932_2). Do Arenas del Tambre, ademais do derby visto antes, temos un partido xogado o 22 de xaneiro de 1933 en Ordes contra o Progresista FC, que acabou coa contundente vitoria local por 7-0. Na crónica de El Ideal Gallego (28.1.1933) dise que “de la culta villa de Negreira se trasladaron a esta para presenciar el partido muchos aficionados al viril deporte”.

Pero un novo club emerxeu con forza en Negreira, o Club Pirelli. Seguramente patrocinado por esta marca comercial, que tamén o levaba facendo desde había moitos anos con clubs de cidades como Vigo, Santiago e Ferrol, e de vilas como A Pobra do Caramiñal. A primeira noticia que temos del data de 1933, e é nada menos que a aprobación por parte do Gobernador Civil da Coruña do seu regulamento o 4 de agosto. Polo tanto, o Club Pirelli vai ser un club oficial, dos poucos que había na nosa contorna. Ese mesmo verán atopamos algún partido deste equipo, o que non quere dicir que non os tivese antes da súa "oficialización". Coa presenza de moitos afeccionados, recibiron o 20 de agosto ao Bertamiráns FC, equipo amiense que venceu por 3-4. Ao domingo seguinte, o que se achegou a Negreira foi o equipo de Brión, que se viu superado polo Pirelle (sic) por 5-3, segundo a breve información de El Pueblo Gallego (2.9.1933_6). A pesar de non ter as crónicas foron moitos os encontros que disputou, pois así o reflicte unha nota de prensa na que o club contesta a un reto lanzado polo Santiago Sporting Club. Os negreireses aceptan o reto do seguinte xeito: “el Pirelli está dispuesto a sumar a la larga lista de sus víctimas el nombre del Santiago S.C.” (El Ideal Gallego, 27.7.1934). Non sabemos se houbo reto aceptado ou non. O seguinte encontro do Pirelli atopámolo o 15 de agosto de 1935, en Cee, no campo das Raíces, devolvendo unha descoñecida visita anterior dos ceenses. Pola crónica de El Ideal Gallego os de Negreira non quedaron moi contentos do partido: “El día 15 se trasladó a la Villa de Cée el equipo Pirelli, de Negreira, para contender con el de aquella localidad, creyendo ser correspondidos en las atenciones que los del Pirelli habían tenido con los de Cée, cuando éstos nos visitaron. Pero no fué así; el Cée intentó ganar por todos los medios aunque no le ha valido ninguno de los procedimientos para evitar el empate a dos tantos. Por el Pirelli destacó la actuación del portero Arufe, que estuvo acertadísimo”. O 10 de xullo de 1938 foi a data do seguinte e último partido que coñecemos do Pirelli, fronte ao Herme F.C. de Santiago. É ben seguro que o Club Pirelli xogou moitos máis partidos que os aquí reflectidos, e dos que aparecían na prensa. Del quedou ampla memoria na vila nicreriense e considérase como o precursor da S.D. Negreira que se había fundar en 1963 para participar na Liga da Costa.

No concello da Baña non temos ningunha noticia dun partido de fútbol, pero si que temos constancia da creación do Club Deportivo Corneira, de quen se aprobou o regulamento por parte do Goberno Civil da Coruña o 17 de xullo de 1933.



CEN ANOS DE FÚTBOL NA COSTA. 2. A CHEGADA DO FÚTBOL Á COMARCA DE BERGANTIÑOS

 O concello de Carballo: o Bergantiños FC e varios clubs máis

O Bergantiños FC na década de 1920

Non erramos se consideramos que o primeiro lugar onde se xogou ao fútbol en serio na comarca bergantiñá foi en Carballo. Xan Fraga, no seu libro sobre o Bergantiños FC, fala da existencia xa na segunda década do século XX de diversos clubs, como o Español, Fortuna, Hércules, Amistad Obrera, Huracán, Galicia... mais non saían aínda na prensa. Clubs que seguirían tendo pouso na década seguinte, e outros novos que ían nacer. De entre os que naceron, o máis importante foi o Bergantiños FC, creado en 1923 tras a fusión de dous daqueles conxuntos, o Fortuna e o Hércules. Da man do seu presidente fundador, Luciano Regueiro Pumpido, converteuse no primeiro gran club da vila, e quizais tamén da Costa, con permiso do Junquera ceense. A primeira crónica dun partido do Bergantiños que atopamos foi a dun encontro celebrado con numeroso público no Campo da Agra (a Agra de Caldas, terreo situado detrás da antiga casa do concello), no que se enfrontou ao Racing Carballés, outro conxunto local que venceu por 4-2. O 29 de xullo enfrontouse ao Junquera FC, de Cee, con vitoria clara carballesa (3-0), e o 17 de agosto devolución de visita, coincidindo coas festas ceenses. A crónica fala de que acompañaron o equipo máis de cen persoas, e terminado o partido (2-0 para os locais) os carballeses tiñan dispostos unhas cervexas e unha cea e baile na súa honra, que non puideron aceptar pois xa tiñan o compromiso de ir a Corcubión, onde foron obsequiados polo club local cun refresco e con baile no Casino e no Liceo, que se ía prolongar ata as dúas da mañá. A finais de mes chegan a Carballo os primeiros equipos da Coruña, o 27 o Visma FC e o 30 o Radium FC, para enfrontarse ao Bergantiños, e despois virán partidos contra veciños como o Racing Escolar, o Galicia ou o Amistad Obrera, estes xa en xaneiro de 1925, algo que debía ser habitual, pois nunha das crónicas dise que xa é a terceira vez que o Bergantiños lle vence ao Galicia.

Pero o importante deste comezo do ano 1925 para o Bergantiños foi que se inscribiu oficialmente a finais de xaneiro no rexistro de entidades deportivas, presentando o regulamento que rexe o club, e a construción dun novo campo de fútbol na zona denominada "Pedras Brancas". A comezos de febreiro xa se falaba de que se estaba rematando de achanzar o terreo e que axiña comezaban as obras de peche. O campo púidose inaugurar para as festas do San Xoán, aínda que a dicir do cronista Bernardino de Lamas (El Correo Gallego, 4.7.1925) un pouco prematuramente: "Un campo recientemente roturado, lleno de tierra negra, que debía estrenarse, no ahora, sino dentro de unos meses. Pero los vecinos de Carballo, impacientes, quisieron estranarlo hoy, aun a trueque de salir negros del campo". O partido inaugural enfrontou ao Bergantiños FC co Corcubión FC, con clara vitoria dos locais (6-0), e no cadro local formaron: Candido, Germán, Eduardo, Penedo, Risco, Durán, Valentín, Yurrita, Monteagudo, Fraga e Miguel [comprobar]. Ese verán ao novo campo viñeron varios equipos da Coruña: Deportivo Oza, Irene, Universal, Tomasinos (por tres veces), Invencible FC, e tamén o Sporting Santiago.

Inauguración do Campo Pedras Brancas, no San Xoán de 1925,
cun partido entre o Bergantiños FC e o Corcubión FC

Velaí a crónica de El Ideal Gallego (21.7.1925_8) do partido fronte ao Deportivo Oza:

En el campo del "Bergantiños" jugaron el propietario y el "Deportivo-Oza", de San Pedro de Visma, arbitrando Polo.

Por el "Oza" alinearon: Carretero, Martín, Benigno, Aquilino, Montes, Gerardo, Sánchez, Castelo, Rilo, Julio y Patiño, y el "Bergantiños": García, Pereira, Godoy, Perdigón, Calviño, Torrente, Tasende, Romero, Astray, Labarta y Caamaño.

Dió el saque el niño Pepito Quiroga, hijo del secretario de los locales.

La primera parte terminó con un tanto a cero, a favor de los locales.

Poco después de comenzar el segundo tiempo, empatan los del "Oza" al rematar Rilo un "corner". Seguidamente Labarta logra el segundo tanto para su equipo, y tres minutos antes de terminar el "match", Rilo marca el tanto de empate de un enorme cabezazo.

El referée muy bien y el público muy correcto.

Nos ruegan los del "Oza" demos las gracias al pueblo de Carballo, por sus atenciones para los jugadores, las cuales piensan pagar muy pronto del mismo modo.

O 21 de xullo fixera acto de presenza no campo carballés o Irene FC, que capitaneaba a primeira xogadora federada en equipo masculino. Irene era a porteira deste equipo formado con ela de estrela, e tamén de reclamo, como sinala a crónica que deste partido fixo El Orzán (23.7.1925_2): "el nombre de Irene llenó el campo de gente, a pesar de la ya referida torrencial lluvia". Nestes partidos había tamén críticas da prensa ao público, como nun dos celebrados fronte ao Tomasinos (El Ideal Gallego, 1.9.1925_2):

Se celebró ayer un "match" de foot-ball entre el "Bergantiños" y los "Tomasinos", de la Coruña.

Dominaron completamente los "Tomasinos", por ser mejor equipo que el de los indígenas. Pero el partido terminó con un empate a tres "goals", resultando deslucido por la intemperancia de algunos exaltados ignorantes, que coaccionaban a los coruñeses y al árbitro, pese a la imparcialidad de éste.

Dionisio, Miré e Ignacio marcaron los "goals" de los "Tomasinos", y Labarta los del "Bergantiños".

Na crónica deste partido que ofrece El Orzán (2.9.1925_2), descubrimos que o partido estivera parado vinte minutos polas protestas dos seareiros locais tras anular o árbitro un gol ao carballés Labarta. Meta, que asina esta crónica, despachábase así coa arbitraxe: "El arbitraje algo parcial a favor de los 'Tomasinos', y que me perdone el amigo Cruz; pero necesita un poco más de práctica y vista". De todos os xeitos, quedaban emprazados para xogaren o desempate, pois estaba en xogo "una valiosa copa de plata". Estes partidos amigables tamén eran boa escusa para facer unha excursión, como lemos na previa do partido que o Invencible FC tiña previsto en Carballo (La Voz de Galicia, 18.9.1925_2):

Con objeto de presenciar la lucha, que pese a lo amistoso del partido será reñidísima, saldrán de La Coruña a las dos de la tarde varios automóviles al precio de tres pesetas asiento.

La caravana partirá del Cantón Grande, lugar en el que se reunirán a la hora mencionada los numerosos excursionistas.

En 1926 seguiu recibindo o Bergantiños equipos de fóra, como unha selección da Universidade de Santiago ou os coruñeses Europa e Iris FC, pero tamén se desprazaba. Aínda que fose tan cerca como á Laracha, nun partido disputado con motivo da inauguración do campo dos locais, do que temos nome e apelidos dos xogadores carballeses grazas á previa ofrecida na Arxentina por El Heraldo Gallego (15.8.1926_3):

Bergantiños F.C.: Manuel García, portero; Manuel Pereira Sanjurjo e José García, defensas; Ramón Rodríguez Esmorís, Manuel Tasende y Castor Monteagudo, medios; Rafael Caamaño, Genaro Varela, Joaquín Caamaño, Jesús Rodríguez y José Fraga, delanteros; suplentes: Germán Luis, Baldomero Varela y Gerardo Rodríguez.

Contra o Laracha FC acordaron disputar unha copa doada polos emigrantes laracheses na Arxentina, que tiña que celebrarse durante tres anos, mais non chegou a completarse o torneo (Deste torneo e do fútbol na Laracha cómpre mirar o blog de Xabier Maceiras Crónicas da Laracha). Tamén se enfrontou este ano a outro equipo bergantiñán, o Victoria FC de Ponteceso e volveu o Sporting Santiago coma no ano anterior. En 1927 principiou cun derbi fronte ao Huracán, que disque viña reforzado, de aí o marcador 2-0 para os do Bergantiños. Para as festas do San Xoán o invitado foi o Nacional FC, da Coruña, e á semana seguinte outro club coruñés, o Ferrolán FC. Visita á Ponte do Porto para enfrontarse ao Porteño e devolución da visita dos porteños un mes despois, para pechar o ano recibindo á Unión Sportiva coruñesa. En 1928 explorou outros campos da redonda, comezando polo de Ordes en abril, e seguindo polo de Malpica en maio. Estas foron as formacións dos carballeses nestes dous encontros, tendo en conta que no primeiro estiveron reforzados polo xogador do Emden FC coruñés, Astray (cfr. El Pueblo Gallego, 4.4.1928_15 e El Ideal Gallego, 11.5.1928_2):

Bergantiños FC: García, Pereira, Astray, Pereira (A.), García, Marconi, Baldomero, Lolecho, Benito, Jesús y Hernández.

Bergantiños FC: Silverio, Cándido, Ramón, Toroto, Buró, Pereira, Sotelo, Tuco, Benito, Chucho y Baldomero.

O Bergantiños FC na Ponte do Porto en 1928

Como vemos, apenas coincidían xogadores, polo que xa se empezaba a falar de equipo titular e equipo reserva para disputar segundo que encontros. Ese ano o equipo que participou no partido das festas foi o Junquera de Cee. Visita o Corcubión polas festas das Mercedes e en febreiro do ano seguinte ao Malpica coincidindo co entroido foron os últimos partidos que atopamos nesta década dun club que presidía neste momento Julio Sánchez de Ruedos. En xaneiro de 1932 sabemos que xogou un partido contra o Ordes, no momento que se elixe nova xunta directiva (El Ideal Gallego, 7.1.1932_4):

Presidente, don Luis Gayoso de Castro; vice, don José Torres Turnes; secretario, don Manuel García Cereijo; vice, don Luis Calvo Sanz; contador, don Domingo González Botas; tesorero, don Maximino Neira Torrado; vocal primero, don Marcial Rodríguez González; ídem segundo, don Julio Gómez Torres.

E o último partido antes da Guerra civil do que temos coñecemento foi o das festas do San Xoán de 1934, onde recibiron no campo de Pedras Brancas ao equipo reserva do Deportivo, aínda que hai documento gráfico dun partido en Corcubión por volta de 1935. E tampouco haberá máis partidos na posguerra. O campo tivo que arranxarse mediada a década dos corenta, e ata a temporada 1947-48 o Bergantiños non compite de forma oficial, inscribíndose na Serie A Rexional, categoría inmediatamente inferior á Terceira División.

O Bergantiños FC en Corcubión, 1935

Pero non só do fútbol do Bergantiños vivía Carballo. Como vimos había moitos equipos no comezo da década dos vinte, e moitos seguiron competindo, e outros foron nacendo, aínda que o peixe grande eclipsaba aos pequenos. A mediados de 1924 xa vimos que o Bergantiños disputou un partido contra o Racing Carballés, que non sabemos se era o mesmo equipo que o "Racing escolar carballés" que se desprazou á Laracha no mes de agosto. No mes de setembro o Bergantiños desprázase a Coristanco para xogar co local "Racing Escolar", que supoñemos que será outro equipo distinto do carballés, aínda que de igual nome. Dous dos clubs clásicos de Carballo eran o Galicia e o Amistad Obrera, que só os atopamos en senllos enfrontamentos do Bergantiños a comezos de 1925.

Pero o clásico de verdade era o Español FC, quizais o máis forte despois do Bergantiños. En xullo de 1925 xogou fronte ao Laracha FC, con devolución de visita á semana seguinte. Pero contra máis partidos lle atopamos foi contra outro club carballés, o Huracán FC. En setembro de 1925 houbo dous partidos entre eles, e outros tres no verán de 1926, un deles entre os seus equipos de infantís (que era como se lles chamaba aos equipos formados por xuvenís). En todos eles venceu o Español, que tamén lle venceu ao Ponteceso nun encontro disputado no verán de 1927. Do Español non temos ningunha aliñación, máis si algún xogador destacado, como o porteiro Julio, ou os xogadores de campo Ezequiel, Zuloate, Selecho, Gregorio, Facal, Fuentes, Bolonio, Perdigón ou Cándido. Do que si temos aliñacións é do Huracán FC, que en abril de 1927 xogaba, reforzado, contra o Bergantiños, e dous anos despois visitaba ao Malpica FC, partidos dos que extraemos as seguintes aliñacións (El Orzán, 6.7.1927_2 e 11.4.1929_2):

Huracán FC: Bolonio; Ramón, Cándido; Agustín, Generoso, Rodríguez; Jovita, Facal, Luciano, Lolecho y Pombo.

Huracán FC: Silveiro; Ramón, Leleche; Cándido, Facal, Longueira; Velo, Maceo, Caamaño, Pancho y Jovita.

Como vemos é moi posible que o trasvase de xogadores entre os equipos fose habitual. En tempos da República aparece un novo club, o Carballo FC (aínda que temos dúbidas de se xa existía en 1928 ou se se referían as crónicas ao Bergantiños). Este club xoga en xuño de 1932 dous partidos, contra o Corcubión FC e co Órdenes FC, e en xullo contra o Marineda Sport da Coruña, conxunto que repetirá visita no mes de setembro, e, no último partido que atopamos deste club carballés, recibe ao CD Barcala a comezos de outubro. En 1931 coñecemos un novo club, cun curioso nome seguramente produto da chegada da IIª República, o Once Leones Rojos, do que só sabemos que disputou o 16 de agosto un partido en Laxe. Do concello de Coristanco só temos a citada referencia do Racing Escolar que se enfrontou ao Bergantiños na inauguración do novo campo de fútbol, coincidindo coas festas. Máis nada.


Concello de Malpica de Bergantiños: Buño FC, Galaico Malpicano e Malpica FC

No concello de Malpica o primeiro equipo que coñecemos é o Buño FC, que o 22 de xullo de 1925 inauguraba o seu novo campo de fútbol nun partido fronte ao Sporting Empalme, de procedencia descoñecida, mais que foi convidado a merendar logo do encontro. En setembro de 1926 foi o Buño FC a Ponteceso, convidado polas festas locais, aínda que nalgúns medios era rebautizado como Deportivo Buño. En xuño de 1927 recibiu no campo de Xaviña a outro equipo pontecesán, o Hispania FC, que gañou facilmente (0-5). E tiña que chegar o derbi, claro. Neste verán de 1927 créase na capital municipal o Galaico Malpicano, que a finais de xullo xoga en Xaviña un partido co Unión local (supoñemos que era o mesmo Buño FC). Os visitantes dominaban 0-2 cando o árbitro sinalou un penalti a favor dos locais, o que provocou que os malpicáns se retirasen do campo en protesta pola actuación de "Hermida que sólo mereció censuras por su arbitraje" (La Voz de Galicia, 5.8.1927). Do equipo oleiro non atopamos máis referencia aos seus integrantes que os destacados dalgún dos encontros: Diana, Poli, Hoces, Prendergas, Millas, Conde, Varela, Añón ou Labrador. Teremos que agardar ao final da IIª República para volver atopar o Buño FC na prensa, e a primeira vez é por un reto que lle lanzan desde Ponteceso e que os oleiros aceptaron. O 15 de xullo de 1934 o reserva do Buño xogou co infantil do Ponteceso no campo de Xaviña e venceu por 3-0. O 16 de setembro desprazouse a Laxe para xogar co equipo local e, a pesar de iren reforzados con xogadores do Ponteceso, perderon por 2-1 (aínda que días despois houbo unha contracrónica no xornal que dicía que empataran 1-1). Non temos máis información de partidos do equipo do Buño nesta época.

Na capital municipal, tras o inicio do Galaico despois o protagonista será o Malpica FC; non sabemos se houbo cambio de nome ou se temos un novo club. O 20 de febreiro de 1928, luns de entroido, recibía á Unión Deportiva de Corme, partido do que extraemos parte da crónica que publicou La Voz de Galicia (26.2.1928_4):

El lunes, como inauguración del hermoso campo de Cancela de Areas inmediato a este pueblo, tuvo lugar un match amistoso con el Unión Deportiva, de Corme.

A la hora anunciada, e invadidos los alrededores del campo por una enorme muchedumbre de la villa y de Corme, Puenteceso, Buño, Carballo y Puente del Puerto, que sin exageración ascendía a más de mil almas, hicieron su presentación los equipos contendientes, alineando en esta forma: El forastero: Meta, Varela (Manuel). Defensas, Facal y Lista (Francisco). Medios, Lista (Jesús), Cousillas y Lema. Delanteros, Centeno, Bello, Leluco, Lista (Alfonso) y Mosqueira (Pepe). Y el local: Meta, Chouciño. Defensas, Rojo y Rogelio. Medios, Villar (L.), Cacharrón (T.) y González (R.). Delanteros, Juanito, Sayáns, Reyes, Pombo (J.) y Cacharrón (M.) sustituyendo a Pombo (P.), que se halla enfermo. Actuó de Referée Lema (D. Pedro).

Tocó salir al forastero, el que, por galantería cedió el saque a la simpática joven y aplicada alumna de la Normal de La Coruña señorita Fernanda Rivas.

Comenzado el partido se pudo ver que el dominio fue durante el primer tiempo del malpicano.

En el segundo tiempo, el dominio de los malpicanos fue todavía mayor, trayendo como consecuencia la vitoria sobre el forastero por 2 goals a 0.

Durante el descanso, las simpáticas señoritas Catalina Cachón y Maruja Vidal, disfrazadas de enfermeras de la Cruz Roja, hicieron una colecta entre la concurrencia, para allegar fondos con destino al fomento del moderno deporte en Malpica, cuyo acto fue muy celebrado.

Para a semana seguinte xa se anunciaba novo partido fronte ao Porteño, e para mediados de marzo o rival viña de Ponteceso. No mes de abril volveu o Porteño cunha nutrida representación de seareiros, que converteron o acontecemento nunha festa, acompañados da banda de música de Corme. O 6 de maio a directiva do equipo malpicán organiza un partido fronte ao Bergantiños para recadar fondos para as familias dos náufragos dunha tarrafa afundida en Cedeira. O cadro local aliñou así: Chouciño; Rojo, Abella; Uruguayo, Reyes (L.), Reyes (R.); Delgado, Villar (L.), Pombo, Villar (J.), Pet. O 7 de xuño, coincidindo coas festas do Corpus, volveu xogar o Bergantiños (ou era o Carballo FC?) en Malpica, ante un cadro local reforzado con varios xogadores do Furia coruñés, que marcharon "muy agradecidos de los agasajos y muestras de simpatía". Neste verán de 1928 aínda tivo tempo o equipo malpicán de devolver a visita a Corme e ir á Ponte do Porto enfrontarse co equipo Flecha Negra.

O ano 1929 iniciábao coa visita do Bergantiños polo entroido e no mes de abril era outro equipo carballés, o Huracán FC, o que ía a Malpica. E para as festas do Corpus outro partido, nesta ocasión fronte ao equipo xuvenil Coruña, que se estreaba vencendo claramente (1-6). O 12 de xaneiro de 1930 disputou o Malpica FC o último partido que lle atopamos, fronte ao Asuero FC da Coruña, que acabou co estraño resultado -para aquel momento- de 0-0.


Concello de Ponteceso: varios equipos na capital e a Unión Deportiva de Corme

A primeira noticia que temos dun partido no concello pontecesán foi un derbi, coincidindo coas festas de Corme. A escueta crónica vén dentro dos actos das festas e fala dun encontro xogado o 1 de setembro "entre el <<Corme F.C.>> y el <<Puenteceso F.C.>>, resultando vencedor el primero por tres goales a uno, éste de penalty" (El Orzán, 5.9.1924_1). O 14 de setembro, coincidindo coas festas de Ponteceso, anunciábase un novo encontro, aínda que agora ao equipo cormelán o denominen "Unión Vecinal" -que era o nome dunha puxante asociación de veciños desta vila que conseguiu moitos avances- (La Voz de Galicia, 12.9.1924_5). Teremos que agardar xusto dous anos para ter noticias doutro partido neste concello. O 12 de setembro de 1926 dispútase en Ponteceso un partido entre o equipo local Victoria FC e o FC Buño (isto segundo El Ideal Gallego, porque La Voz de Galicia pon que se enfrontaron o Puenteceso FC co Deportivo de Buño); a vitoria foi claramente forasteira (0-4), aínda que destacaron nos locais Selo, Formoso e Castañón. O Victoria pontecesán visitou á semana seguinte ao Bergantiños, con clara superioridade carballesa (8-0), a pesar da boa actuación do porteiro Calviño, ademais de Zapata e Amador nos pontecesáns.

A finais deste ano de 1926 volveron os derbis municipais, mais con polémica. Segundo lemos na prensa coruñesa (El Ideal Gallego, 24.12.1926_3): "Recogido por el equipo de fútbol titular de este puerto [Corme FC], el reto lanzado por el de Puenteceso, se concertó entre ambos un partido que debía celebrarse el domingo 19 del actual. Con tal motivo se reunieron en el campo de las 'forcadas' muy cerca de mil personas. Pero el 'Puenteceso' sin causa que lo justificase no se presentó en el campo, teniéndose que suspender el partido". Ao final, debeu de haber acordo e disputouse un dobre enfrontamento no mes de xaneiro (El Ideal Gallego, 18.1.1927_7):

El domingo último [16 de xaneiro] y el día de Reyes, se celebraron dos interesantes partidos entre los equipos "Puenteceso" y "Corme F.C.".

Tuvo lugar el primero de los encuentros citados en el campo del "Corme", resultado este último vencedor por dos goals a uno.

El segundo partido se celebró en el campo de deportes del "Puenteceso", resultado también vencedor el "Corme" por un tanto a cero.

Ambos encuentros fueron presenciados por numerosas personas.

No mes de xuño atopamos outro equipo en Ponteceso, o Hispania FC, que foi xogar ao campo de Xaviña de Buño e impúxose por 0-5, con esta aliñación: Juancito, Anido, Barallobre; Bello, Eduardo, Vázquez; Beracoechea, Tonín, Lelo, José e Cancela (El Ideal Gallego, 12.6.1927_8). Un equipo de Ponteceso, do que non sabemos o seu nome, foi xogar en marzo de 1928 a Malpica (perdeu 1-0). Un mes antes, visitara a vila malpicá a Unión Deportiva de Corme, de cuxo partido vimos xa a crónica ao falar do fútbol en Malpica. Pero a noticia estaba en que o Gobernador Civil da Coruña aprobara os estatutos da Unión Deportiva de Corme para constituírse oficialmente como asociación deportiva. Era o segundo club da comarca que o facía despois do Bergantiños FC. A finais de xullo deste ano recibían ao Malpica nun partido coincidindo coas festas (2-2), no que foi o último encontro do que temos noticias deste equipo.

A Unión Deportiva de Corme, nos finais da década de 1920

Xa no tempo da IIª República, atopamos novamente o Hispania indo xogar a Laxe contra a Unión Deportiva local, e vencendo por 1-2, tendo a Alvarellos, Romero e Rodríguez como os mellores dos forasteiros. Teremos que agardar a 1934 para ver máis partidos dos equipos pontecesáns, e foi no mes de marzo cando o Ponteceso FC xogue no campo do Carballo FC, gañando por un contundente 0-8. Formaron nos vencedores: Cholas, Moncho, Pedrucho, Borrallo, Allo, Roque, Gonzalo, Neno, Buela, Negrín e Pinilla. O 10 de xuño temos un partido dun equipo pontecesán que aparece co nome de El Pueblo Gallego nunha crónica deste xornal vigués, do que extraemos estes parágrafos:

El día 10 contendieron en el campo de Laiño el Once Diablos, de Neaño, y El Pueblo Gallego, de Puenteceso.

Arbitró Alfonso Carolina y actuaron de jueces de linea Tanacio y José Antonio Bello.

Los equipos alinearon de la siguiente forma:

Once Diablos: Reino; Cebolo (P.), Laiño, Roxido, Fontes (J.), Tilleiro, Churra, Lucas, Lourenzo, Simón y Richo.

El Pueblo Gallego: Bordanca, Trigo, Crispín, Increto, Barcieira, Benigno, Ferreiro, Ciriano, Mayolo, Rucho y Berro.

Ejecutó el kick-off la señorita Manolita Figueiras.

Venceron os forasteiros por 1-3, con gol local de Cebolo de penalti, e polos visitantes marcaron Mayolo, Barcieira e Ciriano. A partir deste momento imos ver que nas distintas parroquias do concello aparecen os primeiros clubs de fútbol. Así o primeiro do que temos constancia é o Allones FC, cando o 22 de xullo disputa un partido en Anllóns contra o Ponteceso FC, no que estaba en xogo unha copa doada polo alcalde señor Furriel. Venceron os visitantes por 1-4. O 12 de agosto, no campo de Xaviña de Buño, xogaron o Ponteceso FC e o Corme FC, con vitoria dos primeiros por 3-1, con dous goles de Mato e un de Varela, mentres que Mosqueira marcou o dos cormeláns. O equipo do Ponteceso aliñou neste encontro a Alvarellos, Anido, Romero, Martínez, Vidal, Beracochea, Longa, Mato, Ernesto, Pibe e Varela. Días despois, o cadro pontecesán foi xogar a Laxe un partido benéfico, do que falaremos no apartado do fútbol en Laxe. O 24 de febreiro de 1935 temos nas páxinas de El Pueblo Gallego a previa dun enfrontamento entre dous novos clubs no concello, o Lestemoño e o Tella, con inauguración de campo dos primeiros, e na que ademais nos fala de previos enfrontamentos contra outros:

El próximo domingo se inaugurará en Lestemoño un campo de fútbol con un interesante partido de fútbol entre el equipo local y el Tella.

Los locales van a tener que jugar mucho para vencer a sus rivales, vencedores en anteriores partidos del Allones y del Cesullas.

El Lestemoño alineará de la siguiente forma: Marcelino; Lucas, Dourado; Román, Cholón, Torrado; Pedro, Seara, Lodio, Fieliño y Mariñán.

El Tella: Petís; Regueira, Luis; Costa, Pailetes, Soneira; Fermín, Eustaquio, Valenciano, Blas y Pérez.

Como hasta el campo hay carretera, puede llegarse a él con facilidad y comodidad.

A última información dun partido de fútbol no concello de Ponteceso antes da guerra virá dun dobre enfrontamento en xullo de 1935 co Neaño FC, con vitoria destes nos dous encontros, como veremos no apartado ao fútbol en Cabana, por 1-3 e 2-3, respectivamente.


Concello de Cabana de Bergantiños: o Once Diablos e o Neaño FC

Aínda que como veremos cando se funde o Laxe FC en 1928 diga que ten concertados partidos con varios equipos entre eles o Neaño, non atopamos na prensa partidos neste concello ata 1934. O primeiro deles é do club Once Diablos, de Neaño, que xogou no seu campo de Laíño ante El Pueblo Gallego de Ponteceso o 10 de xuño, tal e como vimos na crónica que publicamos máis arriba. En 1935 fálase dun partido do Tella contra o equipo de Cesullas, que ben podía ser o Neaño FC. Como acabamos de ver no apartado do concello de Ponteceso no verán deste ano houbo dobre enfrontamento entre este club cabanés contra o Ponteceso FC, disputados os dous en terras de Pondal. O primeiro tivo lugar o 7 de xullo, con vitoria do Neaño FC por 1-3, do que publicamos a crónica de El Pueblo Gallego, na que, ademais de poñer Meaño no canto de Neaño, non ten piedade con algún xogador local:

En la villa de Puenteceso se disputó un interesantísimo encuentro de fútbol entre los equipos del Puenteceso F.C. y el Meaño F.C.

El match resultó entretenido, terminando con la victoria de Meaño por tres tantos a uno, aun cuando el resultado más justo hubiera sido un empate, ya que la deficiente actuación de Valerio perjudicó mucho a los locales.

Los equipos alinearon de la siguiente forma:

Meaño F. C.: Simón, Ciriaco, Carolino, Xaviñán, Castrecho, Kanto, Sopenro, Roxido, Presiña, Mayolo y Chavino.

Puenteceso F. C.: Valerio, Faldra, Papeleiro, Xulica, Kito, Picheta, Manso, Titintero, Pingüs, Cabeza y La Tierra.

Por los forasteros se destacaron los defensas y Presiña. En los locales fracasaron Valerio y Kito, brillando mucho Pingús.

El arbitraje del señor Romero Lema, muy bien.

Después del encuentro se celebró un baile en honor de los forasteros, resultando animadísimo.

Á semana seguinte xogaron o desquite, pero a vitoria volveulles sorrir aos cabaneses, neste caso por 2-3, grazas aos goles de Presiña (2) e Kauto, mentres que polos locais marcaron Kito e Pingús. Iso si, volveuse repetir o baile posterior ao partido. El Pueblo Gallego (19.7.1935) ofreceu ampla crónica, agora co nome do club cabanés ben escrito, da que extraemos estes parágrafos:

En la villa de Puenteceso se ha jugado un partido de fútbol entre los rivales Neaño F.C. y Puenteceso F.C., arbitrado por el señor Palucho y auxiliado por Furriel y Cacamoniñas.

Las alineaciones fueron así:

Neaño: Simón, Ciriano, Bocho, Roxido, Sopeiro, Mayolo, Charrino, Kauto, Presiña, Castrecho y Benigno.

Puenteceso: Valerio, Papeleiro, Faldra, Xulica, Kito, Picheta, Manso, Titiritero, Pingús, Cabeza y La Tierra.

(...) Por los forasteros se distinguieron, Presiña y Kauto; por los locales, Pingús y Manso.

El árbitro, señor Palucho, muy bien.

En honor a los forasteros se celebró en el amplio salón “La Morenita” un baile que estuvo concurridísimo.


Concello de Laxe: o Laxe FC e a traxedia nun campo de fútbol

A mediados do verán de 1928 anúnciase a fundación "del club Lage F.C. de football, cuya cancha está situada en el Lage. Ha concertado varios encuentros con otros clubs, entre los que se encuentran los de Puente Ceso, Neaño y Corme" (Correo de Galicia, Buenos Aires, 9.9.1928). Pero na prensa os primeiros partidos que atopamos neste concello corresponden á Unión Deportiva Lagesa. O 12 de xullo de 1931 recibe no campo do Lago ao Hispania pontecesán, con vitoria forasteira (1-2), onde a crónica só trae os máis destacados de cada bando. No caso laxense estes foron Tapico, Romero, Vidal e Carracedo. O 16 de agosto, coincidindo coas festas locais, a Unión Deportiva Lagesa recibiu ao Once Leones Rojos de Carballo, que acabou con vitoria local. Vexamos a crónica de El Ideal Gallego (22.8.1931):

El domingo pasado se jugó un partido de fútbol en el campo del Lago, entre los equipos Once Leones Rojos de Carballo y Unión Deportiva Lagesa de esta villa.

Vencieron los locales por 2 a 0. Marcaron en el primer tiempo Vidal y en el segundo Roberto. Dominaron constantemente los locales.

Todos jugaron bien.

El equipo vencedor alineó así: Alvarrellos, Romero, Romero, Bilba, X., Carracedo, Barreiro, Leis, Roberto, Vidal y Cadavid.

O Laxe FC, nos tempos da IIª República

No mesmo xornal coruñés fálase dun próximo partido o 15 de abril de 1934 do Júpiter coruñés en Laxe contra o Sport Club desta localidade. É a única referencia que temos deste club laxense, porque este mesmo ano si que imos ver partidos do Laxe FC. O primeiro do que temos noticia, aínda que polo que vemos na crónica tivo que haber outros antes, foi un partido contra o Ponteceso FC en homenaxe a un membro do equipo laxense falecido recentemente xogando ao fútbol. Tratábase de Cadavid, que puidemos ver xa como integrante da Unión Deportiva Lagesa. Nesta época non era raro ver na prensa de todo o Estado, artigos criticando o fútbol polo perigoso que era para a saúde, comentando casos similares a este. Esta é a crónica deste encontro emotivo que mostra a solidariedade entre as vilas da Costa (La Voz de Galicia, 26.8.1934_8):

Con motivo del homenaje al jugador local José Cadavid, fallecido recientemente en Lage, a consecuencia de un ataque cardíaco que le atacó durante un partido de fútbol, se desplazó a dicha villa el equipo del "Puenteceso F. C." para jugar un partido con el representativo de aquella localidad, con el fin de recaudar fondos para la madre del citado jugador.

Después de haber depositado una corona de flores en la tumba del que fue un entusiasta defensor del "Lage F. C.", homenaje simpático por parte del equipo visitante y más simpático todavía por tratarse de una corona confeccionada por las manos primorosas de las distinguidas señoritas de Puenteceso, que demostraron, una vez más con su adhesión, los elevados sentimientos de que están adornadas.

Ante un público numeroso que circuncidaba el campo de juego se alinearon los equipos en la forma siguiente:

Lage.- Vidal; Martí y Romero; Rodríguez, Carreira y Leis; Romero II, Cereijo, Romero III, García y Vidal II.

Puenteceso.- Alvarellos; Anido y Romero; Martínez, Lelo y Caamaño; Ordóñez, Lilles, Ernesto, Varela y Alfonso.

Después de reñida lucha, terminó el partido con la victoria del Puenteceso, que marcó dos tantos, uno en cada tiempo, obra de Ernesto y Alfonso, de bonitas jugadas que el público aplaudió, sin que los contrarios pudiesen marcar, a pesar de sus esfuerzos; pero encontró un trío defensivo que en ningún momento dejó profundizar sus combinaciones.

El árbitro señor Leis lo hizo con toda imparcialidad, valiéndole una gran ovación cuando pitó el final.

O 16 de setembro recibe ante “enorme concurrencia” ao Buño FC con esta aliñación: Arturo, Vidal, Romero, Martí, Carracedo, Pose, Correa, Emnes, Lilito e Chico. No titular de El Ideal Gallego traía como resultado 2-1, aínda que na crónica só sinala un gol para cada equipo; pero iso provocou que días despois apareza publicada unha carta do Buño FC na que manifesta que “El Buño F.C. empató con el Lage en el campo d’as Cairoas, por 1-1”, e que se os de Laxe queren o desquite non teñen máis que comunicalo nese periódico. Non sabemos se a houbo ou non, pois non atopamos outro partido do Laxe ata o 5 de maio de 1935, cando se desprazou ata A Ponte do Porto para perder por 1-0. No mes de xuño El Ideal Gallego fala da recente creación en Laxe dun nome club cun curioso nome: Arrecifes de la Costa Brava, pero non atopamos ningún partido deles. Do Laxe FC a última información que temos é outro feito lutuoso, pois dise que non se puido celebrar un partido seu en Santa Comba a consecuencia do falecemento dun xogador laxense no mes de setembro de 1935.



14/10/23

CEN ANOS DE FÚTBOL NA COSTA. 1. DAS ORIXES A UNHA POSIBLE LIGA DA COSTA

 As orixes do fútbol en territorio español e galego

Determinar cando e onde se inicia o fútbol no Estado español é un tema tan complexo como espiñento. Partindo do feito seguro de que o fútbol foi introducido polos británicos que viñan traballar a España, temos que situarnos no ano 1868, cando se promulga a Lei de Bases, que permitía a explotación a perpetuidade das minas por parte de empresas españolas ou estranxeiras. Isto supuxo o desembarco masivo a partir de 1873 de empresas británicas en distintas zonas do territorio español, con especial relevancia nas provincias de Pontevedra, Huelva, Bilbao ou Barcelona. Carlos Freire, no seu libro Todo sobre o fútbol galego, sinala que o primeiro partido de fútbol que se celebrou en Galicia foi en 1873 por parte dos tripulantes dun barco británico que fixo escala en Vilagarcía de Arousa, para despois iren traballar ás minas onubenses de Río Tinto.

En Galicia, e xa entrado o século XX hai que falar dunha figura fundamental: Xosé María Abalo Abad, un rapaz vilagarcián de familia acomodada que fora estudar a Londres. Cando volveu en 1900, quixo darlle impulso a ese deporte que xa coñecían os seus veciños desde había tempo, e funda oficialmente en 1901 o primeiro club galego: o Alfonso XIII, de Vilagarcía de Arousa. Un ano despois, o propio Abalo Abad vai crear un segundo club, o Corunna Football Club, neste caso o primeiro da cidade herculina, que en 1908 pasa a chamarse Real Club Coruña. En 1906, coa base dos atletas dun ximnasio, fúndase o Club Deportivo da Sala Calvet, que en 1911 mudou de denominación pola de Real Club Deportivo da Coruña.

Vigo Football Club, 1909
En 1905 xa se crearan o Pontevedra Sporting Club e o Vigo Football Club, e dunha escisión deste último ía nacer ese mesmo ano o Fortuna Football Club. Posteriormente este pasou a denominarse en 1908 Real Club Fortuna e o Vigo FC a partir de 1913 foi Vigo Sporting Club. Na cidade olívica había outros clubs tamén importantes, que participaron no 1º Campionato de Galicia de Fútbol, que en 1905 organizou o Vigo FC a imitación do que se celebraba en Madrid desde 1903 e en Cataluña desde 1904. Contaba o torneo cunha copa doada polo rei Afonso XIII e nesta primeira edición estiveron o Vigo, o Fortuna, o Hispania, o Marítimo e o Regimiento Murcia, todos eles vigueses. Ao ano seguinte xa se incorporou o Pontevedra Sporting Club. O Campionato de Galicia foi alcanzando grande éxito, e a partir de 1913 vai ser a Federación Galega de Fútbol, creada en 1909, a encargada de organizalo, dándolle un carácter totalmente oficial. Del celebráronse un total de 32 edicións, ata a temporada 1939-40, que foi prohibido polas novas autoridades da ditadura. Durante os seus anos de vida, fóronse incorporando novos clubs que ían nacendo nas nosas cidades, como é o caso do xa mencionado Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol en 1919 ou o Eiriña FC pontevedrés en 1922. Xunto a eles outros de máis curta vida, como os vigueses Español, Teis ou Unión Sporting, os coruñeses Coruña ou Endem, os ourensáns Burgas ou Galicia, e tamén o Club Lemos. A partir da temporada 1919-20 creáronse dúas categorías, pola gran cantidade de equipos que había, e así temos Serie A e Serie B. O palmarés do torneo das 16 primeiras edicións foi bicolor: 8 títulos para o Fortuna e 8 para o Vigo Sporting; neste momento, en 1923, os dous clubs fusiónanse para dar lugar ao Real Club Celta, e a partir de aquí os títulos van ser: 7 para o Celta, 6 para o Deportivo, 2 para o Racing de Ferrol e 1 para o Eiriña.

O Campionato de Galicia a partir de 1914 tivo ademais o aliciente de que o campión tiña dereito a participar no Campionato de España, isto é, na Copa do Rei. Este torneo iniciárase en 1902, aínda que con pouca presenza de equipos. Así, o Vigo FC foi subcampión da edición de 1908 (perdeu fronte ao Real Madrid), pero, todo hai que dicilo, só se inscribiran estes dous clubs este ano. Coa presenza dos campións dos distintos territorios foi adquirindo moita máis importancia. O torneo de liga non se implantou ata a temporada 1928-29, mais aínda tardaría en gañarlle en prestixio ao trofeo copeiro.


1920, o punto de inflexión do fútbol español: a Olimpíada de Anveres

A nivel internacional, o fútbol non tiña máis escaparate que os Xogos Olímpicos. A primeira vez que se incluíu oficialmente como deporte olímpico foi nas Olimpíadas de Londres 1908, e repetiría nas de Estocolmo 1912. Nas dúas, casualmente, co mesmo podio: Gran Bretaña ouro, Dinamarca prata, e os Países Baixos bronce. Non se disputaron os Xogos en 1916 por culpa da Gran Guerra (Iª Guerra Mundial), polo que houbo que agardar ata 1920. Este ano organizáronse en Anveres (Antuerpen en flamenco, que era como era coñecido este porto belga polos nosos mariñeiros), e por vez primeira vai participar a selección española. Non só vai debutar nunha Olimpíada, senón que tamén vai ser o debut da propia selección. Pero a súa participación non foi un camiño de rosas, polos moitos problemas previos, como imos ver deseguido.

A selección española en Anveres 1920
Ese mesmo ano a directiva da Federación Española dimite e tivo que crearse un Comité Executivo, que na realidade tiña un só membro recoñecible. Con vistas á presenza da Selección nas Olimpíadas houbo división de opinións sobre os xogadores que deberían ir: as federacións vascas (Norte e Guipuscoana) pretendían un equipo totalmente vasco, a catalá que tiña que ir o FC Barcelona como actual campión de España, outros pasábanse de ecuánimes e querían escoller o mellor xogador de cada equipo, e outros, máis pesimistas, optaban pola retirada antes de facer o ridículo. Ao final, co nomeamento dun comité técnico capitaneado por Paco Bru, faise unha lista de 25 xogadores e disponse un mes de preparación con varios partidos en Vigo, Oviedo, Xixón, Bilbao e San Sebastián. Pero a convocatoria foi un fracaso, porque en Vigo só se presentan 8 deses xogadores (os catro galegos e catro do Barcelona), pois os vascos boicotearan a selección. O xornalista vigués Manuel de Castro 'Hándicap' non se rendeu, recrutou por Galicia unha serie de xogadores e ideou un partido entre Probables (os 8 convocados e tres dos adoptados por Hándicap) contra Posibles (once recrutados). Pero as probas foron outro fracaso, por canto os novos excedíanse no seu empeño de agradar e os convocados procuraban non lesionarse máis que xogar. Os partidos previstos en Asturias xa non se disputaron.

A solución pasaba por convencer os vascos. Os directivos e técnicos idearon unha estrataxema que deu resultado: era ben certo que os xogadores vascos eran os máis preparados naquel entón, con experiencia internacional por xogaren moitos encontros en Francia. Pero había unha rivalidade exacerbada entre eles, sobre todo entre o Athlétic e a Real Sociedade, que mesmo fixo que a Federación Norte se tivese que partir en dúas (Norte -Biscaia e Araba- e Guipuscoana), e dentro desta tamén había certa inimizade entre a propia Real e o Real Unión de Irún. En base a isto, os federativos negociaron cos equipos vascos preguntándolles como ían chegar a un acordo entre eles para teren unha selección, quen ía facer a escolla, non lles sería mellor que alguén de fóra escollese os seus mellores xogadores e incorporase canda eles outros do resto do Estado? Aos poucos os clubs foron cedendo, e lograron concertar catro partidos en Euskadi, novamente usando a fórmula de Hándicap de Probables contra Posibles, e o 12 de agosto puideron saír de Irún cara a Bélxica 22 xogadores: 15 vascos, tres galegos, tres cataláns e un asturiano. Dos oito de Vigo caeran o dianteiro Alcántara -que disque preferiu quedar coa moza- e o galego Moncho Encinas, que non obtivo permiso no seu traballo. 22 xogadores que tiñan unha característica común: sabían xogar en campo de herba, fronte aos campos de terra que predominaban no resto do estado.

Os tres galegos eran Luis Otero, Moncho Gil e Ramón González, todos os tres do Vigo Sporting, aínda que o último deles partía con moitas dúbidas por un proceso febril. Tamén estaba entre os convocados o vasco Vázquez, xogador naquel momento do Rácing de Ferrol, pois estaba na cidade departamental facendo o servizo militar. Os problemas continuaron en Bélxica, pois os xogadores foron instalados nuns barracóns polo Comité Olímpico Español, o que motivou as protestas da federación e dos xogadores, que estiveron a piques de levar á retirada. Ao final a auga volveu ao rego. Iniciábase o torneo co sorteo e cun sistema de competición de difícil comprensión, mesmo para os xornalistas alá desprazados. O que estaba claro era que o primeiro partido era eliminatorio, o que perdese volvía para a casa. E a España tocoulle Dinamarca, unha das favoritas, medalla de prata en todas as anteriores edicións. Unha actuación proverbial do porteiro Zamora e un gol de Patricio déronlle a vitoria a España por 1-0. O xornal francés L'Equipe titularía "vitoria da furia española". O seguinte rival, ao día seguinte, era a anfitrioa, Bélxica, que sospeitosamente quedara exenta na rolda eliminatoria. O que gañase entraba a loitar pola medalla de ouro, o que perdese tería que ir para as eliminatorias pola prata. Os belgas tamén tiñan conflitos internos pola presenza maioritaria de bruxelenses, o que fixo que fosen recibidos con apupos cando saltaron ao campo en Anveres. Con todo, impuxéronse por 3-1 a España e seguiron o seu camiño cara ao ouro.

Díaz Polo recrea nesta novela
a primeira selección española
Aos españois tocáballes outro camiño, que os levou a enfrontarse a Suecia, á que venceu no partido no que quedou instituída a furia española -que máis ben habería que dicir vasca- coa frase de Belauste: "A mi, Sabino, que los arrollo". O seguinte rival era Italia, con vitoria por 2-0, pero coa pexa da expulsión de Zamora, farto das agresións dos italianos. Había un problema na portería para o partido fronte aos Países Baixos, pois Eizaguirre, o outro porteiro, regresara á casa cando viu que o seleccionador apostaba como titular polo xuvenil Zamora. Finalmente, o porteiro catalán non foi sancionado e puido xogar un encontro que tivo a sorpresa final de que o vencedor ía leva a medalla de prata. A razón viña de que xa se xogara a final polo ouro, na que Bélxica se impuxo a Checoslovaquia logo de que esta se retirase do campo en protesta pola actuación arbitral. Os checoslovacos foron sancionados expulsándoos do torneo sen opción a disputar a medalla de prata. Din as crónicas que o partido contra os Países Baixos foi o máis sinxelo dos que xogou España, e venceu por 3-1.

A selección foi recibida en San Sebastián como heroes, co porteiro Zamora convertido na primeira figura mediática do fútbol español. Sesúmaga fora o máximo goleador español, con catro goles, e destacaran ademais Belauste, Samitier, Patricio, Sabino ou Pichichi. Os tres galegos tiveron distinta participación, pois Otero partía como titular, aínda que un golpe no primeiro partido o apartou do campo nos seguintes, pero volveu ao once contra Italia. Moncho Gil comezou fóra do equipo, pero participou nos dous últimos partidos, mentres que Ramón González non só non disputou un minuto, senón que pasou case toda a Olimpíada internado nun hospital polas altas febres que se foron incrementando co paso dos días. Non chegaría a ir convocado, quizais pola súa curta idade, o que ía ser a gran figura do fútbol galego dos anos vinte, o corcubionés Ramón Polo -de quen xa falamos noutro artigo- que por estas datas xa estaba nas filas do Fortuna. A actuación da selección foi un acicate para que a paixón polo fútbol se desatase en todas as cidades e vilas de España, e desde logo tamén de Galicia. As crónicas de Hándicap eran das máis aplaudidas de entre os xornalistas alá desprazados, e mesmo este xornalista vigués tivo un grande éxito de vendas co seu libro Las gestas españolas en la Olimpiada de Amberes, no que deu a coñecer moito do sucedido con esta primeira selección española de fútbol. (Á parte da obra de Hándicap, pódese obter información polo miúdo desta selección na novela-crónica Jóvenes promesas de Juanjo Díaz Polo -Ed. Planeta, 2016- e nos artigos de Alfredo Relaño publicados en El País entre xullo e setembro de 2020 na sección "Memorias en blanco y negro").


O fútbol triunfa na Costa da Morte

Junquera FC, de Cee, fundado en 1921
Podemos falar do ano 1921 como o ano no que se orixina o fútbol na Costa da Morte, coa creación dun club mítico, o Junquera Football Club, na vila de Cee. Ese mesmo ano temos a primeira crónica dun partido en Muros, entre un equipo local e o Atalaya do Porto do Son, rexistrado no periódico corcubionés Nerio. Evidentemente, nas vilas máis grandes xa se disputaban partidos moito antes, e xa había clubs formados máis ou menos serios. Estamos falando de Carballo, Negreira ou Noia, tres dos vértices deste noso estudo. Do rastrexo pola prensa da época, tanto galega como a da emigración, obtemos unha serie de crónicas e datos sobre partidos, que van ter como focos principais Carballo, Noia e Cee. Pero vai haber moitos máis: Buño, Malpica, Corme, Ponteceso, Baio, Zas, Vimianzo, A Ponte do Porto, Muxía, Santa Comba, Corcubión, Fisterra, Outes, Muros... A proliferación de clubs e partidos ao longo das décadas de 1920 e 1930 nas nosas comarcas vai ir en aumento, e a súa presenza ou ausencia na prensa tan só se debía á importancia que o correspondente de cada lugar lle dese a este novo deporte.

Recollemos na prensa galega máis de 300 crónicas de partidos disputados entre 1921 e 1936, que poden parecer poucas, pero seguramente sexan só unha representación dos moitos partidos que había. Un dos problemas que a miúdo vemos na prensa é a falta de campo que aducen algúns equipos. Era difícil manter un terreo, máis ou menos chairo, sen uso, para disputar uns cantos partidos ao ano. Os integrantes deses modestos clubs tiñan que acometer por veces duros traballos. pero ao longo destes anos podemos ler varias inauguracións de campos de fútbol.

Evidentemente, Carballo e Noia eran xa dúas vilas considerables en canto a poboación. Nelas o fútbol era xa habitual a mediados da década de 1920. Na vila bergantiñá había varios clubs pequenos que deron lugar á creación do Bergantiños en 1923. O mesmo sucedeu na vila barbancesa, con varios clubs antes de que a finais da década o Noya FC vaia competir de forma oficial. No Barbanza mesmo idearon un campionato, en 1926, entre os equipos do partido xudicial noiés, que non tivo moito éxito.

Aínda que o fútbol feminino era daquela unha
entelequia, a figura de Irene, a porteira do club
que levaba o seu nome, era unha atracción nos
anos 20 e hoxe en día volve estar de moda con
publicacións coma esta de Losada e Pisón 
Aínda que na práctica totalidade das crónicas que recollemos se aprecia a boa cordialidade entre os equipos, coa habitual invitación ao visitante a un ágape, ou mesmo a quedar á festa se era o caso, tamén naceu a rivalidade entre vilas. Xa podemos apreciar lixeiros piques entre os equipos de Buño e Malpica, de Corme e Ponteceso, de Baio e Zas, da Ponte do Porto cos de Vimianzo ou Muxía, os de Cee e os de Corcubión, os de Esteiro cos de Muros... E despois estaban as visitas dos equipos forasteiros, fundamentalmente da Coruña ou de Santiago. Míticos conxuntos coruñeses visitaron os campos da Costa, como o Radium, Unión Sportiva, Tomasinos, Iris, Ferrolán, Sin Querer, Herculino, Racing Caballeros, Marino... e mesmo o Irene FC, club que tiña por capitá e alma máter a Irene González, lendaria porteira herculina. Tamén de Santiago se achegaban clubs como o Athletic Compostelano, Santiago Sporting, Rápido... E mesmo formacións curiosas, como os tripulantes do Crucero Cataluña que se enfrontou ao Junquera, ou unha selección de estudantes da Universidade de Santiago que veu xogar contra o Bergantiños.

A vitalidade do fútbol costeiro chegou a ser tal que a comezos de 1935 mesmo se propuxo desde A Coruña crear unha "Liga da Costa" dentro da Serie B. Ante o inminente comezo da liga desta competición, co chamamento aos equipos da capital a participar nela, o redactor do artigo "Una buena idea" que se agocha detrás das siglas N. A. S., expoñía en La Voz de Galicia (12.1.1935_7) a idea de que os clubs da Costa, desde Carballo ata Noia, formasen un grupo e competisen entre eles para solucionar así o problema dos desprazamentos e despois pasasen a competir os mellores contra os da capital. A valía dos clubs costeiros, desde logo, estaba fóra de toda dúbida:

¿No podían tomar parte los equipos de los pueblos de la provincia? Algunos de ellos, como los de Carballo, Noya, Cée, etc., disponen de un equipo capaz de parangonarse con cualquiera de la capital (salvo el Deportivo y el Coruña). Comprendo que alguno de estos equipos, por su situación geográfica y por su no muy lucida situación económica no les sería muy fácil el trasladarse a contender con equipo de la capital, teniendo que hacerlo con frecuencia; pero, ¿no podría crearse un segundo grupo que muy bien podía llamarse Zona Sur de la provincia? Entonces les sería mucho más fácil el desplazarse y la recaudación en su campo, por muy exigua que fuese, daría a un equipo bastante "tela" para trasladarse al campo contrario. Consideremos, pues, como resuelto el problema de los desplazamientos, una de las mayores dificultades con que se tropezaba.

Pasemos ahora a examinar a los equipos y los méritos de los que más conocemos:

Noya: Equipo que ya en el año 1931 quedó campeón gallego de la Serie B y que por su mala suerte, más que por su juego, no ingresó en la A.

Cée: Equipo que gracias al apoyo que le prestan las fuerzas vivas de la localidad, cuenta con un magnífico campo, en cuyo terreno ya conocieron la derrota muchos equipos de La Coruña.

Corcubión: Este pueblo es considerado como la "meca" del fútbol (entre los demás). Ha dado infinidad de jugadores de clase, y de todos solo es necesario citar uno que nos viene a la memoria y que eclipsa totalmente a los demás. Es éste Ramón Polo, el internacional gallego de más larga vida deportiva, prototipo de hidalgo y amor a su club. En el mes de octubre estaban recaudando en esta villa la cantidad necesaria para la creación de un magnífico campo emplazado al lado de la carretera, para sustituir al que hay en la actualidad, y ahora estaba próximo a terminarse. El mejor de los equipos de la capital gallega que actuaron en este pueblo no consiguieron más que un empate.

Estos equipos, junto con otros, como los de Muros (que últimamente consiguió triunfos a domicilio sobre equipos de Santiago), Carballo, Vimianzo, etcétera, formarían un grupo que podría clasificar dos clubs que contenderían en un torneo final con los dos primeros de la capital y de aquí se clasificaría el campeón de la provincia.

Estos equipos deben ponerse al habla con el Comité encargado de organizar esta competición, y después de poner en regla los trámites necesarios, solicitar el ingreso en dicha serie.

Ahora bien, como quiera que el torneo de la B está próximo a empezar, y si ya no fuera posible o no hubiera tiempo de organizar este grupo, no por esto deben desanimarse estos equipos, sino que deben prepararse para el año próximo.

Pero particularmente entre ellos deben relegar al olvido las rencillas pueblerinas, dedicando todo su afán al viril deporte y después que estén de acuerdo, organizar entre si este campeonato.

Si alguno de estos equipos no pudiese participar en el citado torneo, otros hay, como Negreira, Puente del Puerto, Finisterre, etc., que podían suplir a cualquiera de los otros y aun aumentar el número.

Y ahora la idea está lanzada, que los señores directivos de los señores equipos la lleven a la práctica. Creo que la Directiva del equipo que primeramente dé por terminados los rencores pueblerinos y se decida a laborar por el bien del deporte y de este torneo que en la práctica promete ser tan interesante, será digna del mayor encomio y de mi parte, reciba los mayores plácemes.



Copa da Costa. Palmarés e partidos xogados por cada club

O xalleiro Arana levanta un dos primeiros trofeos da Copa da Costa      Esta temporada dispútase a edición número 60 da Copa da Costa, que ...