As orixes do fútbol en territorio español e galego
En Galicia, e xa entrado o século XX hai que falar dunha figura fundamental: Xosé María Abalo Abad, un rapaz vilagarcián de familia acomodada que fora estudar a Londres. Cando volveu en 1900, quixo darlle impulso a ese deporte que xa coñecían os seus veciños desde había tempo, e funda oficialmente en 1901 o primeiro club galego: o Alfonso XIII, de Vilagarcía de Arousa. Un ano despois, o propio Abalo Abad vai crear un segundo club, o Corunna Football Club, neste caso o primeiro da cidade herculina, que en 1908 pasa a chamarse Real Club Coruña. En 1906, coa base dos atletas dun ximnasio, fúndase o Club Deportivo da Sala Calvet, que en 1911 mudou de denominación pola de Real Club Deportivo da Coruña.
Vigo Football Club, 1909 |
O Campionato de Galicia a partir de 1914 tivo ademais o aliciente de que o campión tiña dereito a participar no Campionato de España, isto é, na Copa do Rei. Este torneo iniciárase en 1902, aínda que con pouca presenza de equipos. Así, o Vigo FC foi subcampión da edición de 1908 (perdeu fronte ao Real Madrid), pero, todo hai que dicilo, só se inscribiran estes dous clubs este ano. Coa presenza dos campións dos distintos territorios foi adquirindo moita máis importancia. O torneo de liga non se implantou ata a temporada 1928-29, mais aínda tardaría en gañarlle en prestixio ao trofeo copeiro.
1920, o punto de inflexión do fútbol español: a Olimpíada de Anveres
A nivel internacional, o fútbol non tiña máis escaparate que os Xogos Olímpicos. A primeira vez que se incluíu oficialmente como deporte olímpico foi nas Olimpíadas de Londres 1908, e repetiría nas de Estocolmo 1912. Nas dúas, casualmente, co mesmo podio: Gran Bretaña ouro, Dinamarca prata, e os Países Baixos bronce. Non se disputaron os Xogos en 1916 por culpa da Gran Guerra (Iª Guerra Mundial), polo que houbo que agardar ata 1920. Este ano organizáronse en Anveres (Antuerpen en flamenco, que era como era coñecido este porto belga polos nosos mariñeiros), e por vez primeira vai participar a selección española. Non só vai debutar nunha Olimpíada, senón que tamén vai ser o debut da propia selección. Pero a súa participación non foi un camiño de rosas, polos moitos problemas previos, como imos ver deseguido.
A selección española en Anveres 1920 |
A solución pasaba por convencer os vascos. Os directivos e técnicos idearon unha estrataxema que deu resultado: era ben certo que os xogadores vascos eran os máis preparados naquel entón, con experiencia internacional por xogaren moitos encontros en Francia. Pero había unha rivalidade exacerbada entre eles, sobre todo entre o Athlétic e a Real Sociedade, que mesmo fixo que a Federación Norte se tivese que partir en dúas (Norte -Biscaia e Araba- e Guipuscoana), e dentro desta tamén había certa inimizade entre a propia Real e o Real Unión de Irún. En base a isto, os federativos negociaron cos equipos vascos preguntándolles como ían chegar a un acordo entre eles para teren unha selección, quen ía facer a escolla, non lles sería mellor que alguén de fóra escollese os seus mellores xogadores e incorporase canda eles outros do resto do Estado? Aos poucos os clubs foron cedendo, e lograron concertar catro partidos en Euskadi, novamente usando a fórmula de Hándicap de Probables contra Posibles, e o 12 de agosto puideron saír de Irún cara a Bélxica 22 xogadores: 15 vascos, tres galegos, tres cataláns e un asturiano. Dos oito de Vigo caeran o dianteiro Alcántara -que disque preferiu quedar coa moza- e o galego Moncho Encinas, que non obtivo permiso no seu traballo. 22 xogadores que tiñan unha característica común: sabían xogar en campo de herba, fronte aos campos de terra que predominaban no resto do estado.
Os tres galegos eran Luis Otero, Moncho Gil e Ramón González, todos os tres do Vigo Sporting, aínda que o último deles partía con moitas dúbidas por un proceso febril. Tamén estaba entre os convocados o vasco Vázquez, xogador naquel momento do Rácing de Ferrol, pois estaba na cidade departamental facendo o servizo militar. Os problemas continuaron en Bélxica, pois os xogadores foron instalados nuns barracóns polo Comité Olímpico Español, o que motivou as protestas da federación e dos xogadores, que estiveron a piques de levar á retirada. Ao final a auga volveu ao rego. Iniciábase o torneo co sorteo e cun sistema de competición de difícil comprensión, mesmo para os xornalistas alá desprazados. O que estaba claro era que o primeiro partido era eliminatorio, o que perdese volvía para a casa. E a España tocoulle Dinamarca, unha das favoritas, medalla de prata en todas as anteriores edicións. Unha actuación proverbial do porteiro Zamora e un gol de Patricio déronlle a vitoria a España por 1-0. O xornal francés L'Equipe titularía "vitoria da furia española". O seguinte rival, ao día seguinte, era a anfitrioa, Bélxica, que sospeitosamente quedara exenta na rolda eliminatoria. O que gañase entraba a loitar pola medalla de ouro, o que perdese tería que ir para as eliminatorias pola prata. Os belgas tamén tiñan conflitos internos pola presenza maioritaria de bruxelenses, o que fixo que fosen recibidos con apupos cando saltaron ao campo en Anveres. Con todo, impuxéronse por 3-1 a España e seguiron o seu camiño cara ao ouro.
Díaz Polo recrea nesta novela a primeira selección española |
A selección foi recibida en San Sebastián como heroes, co porteiro Zamora convertido na primeira figura mediática do fútbol español. Sesúmaga fora o máximo goleador español, con catro goles, e destacaran ademais Belauste, Samitier, Patricio, Sabino ou Pichichi. Os tres galegos tiveron distinta participación, pois Otero partía como titular, aínda que un golpe no primeiro partido o apartou do campo nos seguintes, pero volveu ao once contra Italia. Moncho Gil comezou fóra do equipo, pero participou nos dous últimos partidos, mentres que Ramón González non só non disputou un minuto, senón que pasou case toda a Olimpíada internado nun hospital polas altas febres que se foron incrementando co paso dos días. Non chegaría a ir convocado, quizais pola súa curta idade, o que ía ser a gran figura do fútbol galego dos anos vinte, o corcubionés Ramón Polo -de quen xa falamos noutro artigo- que por estas datas xa estaba nas filas do Fortuna. A actuación da selección foi un acicate para que a paixón polo fútbol se desatase en todas as cidades e vilas de España, e desde logo tamén de Galicia. As crónicas de Hándicap eran das máis aplaudidas de entre os xornalistas alá desprazados, e mesmo este xornalista vigués tivo un grande éxito de vendas co seu libro Las gestas españolas en la Olimpiada de Amberes, no que deu a coñecer moito do sucedido con esta primeira selección española de fútbol. (Á parte da obra de Hándicap, pódese obter información polo miúdo desta selección na novela-crónica Jóvenes promesas de Juanjo Díaz Polo -Ed. Planeta, 2016- e nos artigos de Alfredo Relaño publicados en El País entre xullo e setembro de 2020 na sección "Memorias en blanco y negro").
O fútbol triunfa na Costa da Morte
Junquera FC, de Cee, fundado en 1921 |
Recollemos na prensa galega máis de 300 crónicas de partidos disputados entre 1921 e 1936, que poden parecer poucas, pero seguramente sexan só unha representación dos moitos partidos que había. Un dos problemas que a miúdo vemos na prensa é a falta de campo que aducen algúns equipos. Era difícil manter un terreo, máis ou menos chairo, sen uso, para disputar uns cantos partidos ao ano. Os integrantes deses modestos clubs tiñan que acometer por veces duros traballos. pero ao longo destes anos podemos ler varias inauguracións de campos de fútbol.
Evidentemente, Carballo e Noia eran xa dúas vilas considerables en canto a poboación. Nelas o fútbol era xa habitual a mediados da década de 1920. Na vila bergantiñá había varios clubs pequenos que deron lugar á creación do Bergantiños en 1923. O mesmo sucedeu na vila barbancesa, con varios clubs antes de que a finais da década o Noya FC vaia competir de forma oficial. No Barbanza mesmo idearon un campionato, en 1926, entre os equipos do partido xudicial noiés, que non tivo moito éxito.
A vitalidade do fútbol costeiro chegou a ser tal que a comezos de 1935 mesmo se propuxo desde A Coruña crear unha "Liga da Costa" dentro da Serie B. Ante o inminente comezo da liga desta competición, co chamamento aos equipos da capital a participar nela, o redactor do artigo "Una buena idea" que se agocha detrás das siglas N. A. S., expoñía en La Voz de Galicia (12.1.1935_7) a idea de que os clubs da Costa, desde Carballo ata Noia, formasen un grupo e competisen entre eles para solucionar así o problema dos desprazamentos e despois pasasen a competir os mellores contra os da capital. A valía dos clubs costeiros, desde logo, estaba fóra de toda dúbida:
¿No podían tomar parte los equipos de los pueblos de la provincia? Algunos de ellos, como los de Carballo, Noya, Cée, etc., disponen de un equipo capaz de parangonarse con cualquiera de la capital (salvo el Deportivo y el Coruña). Comprendo que alguno de estos equipos, por su situación geográfica y por su no muy lucida situación económica no les sería muy fácil el trasladarse a contender con equipo de la capital, teniendo que hacerlo con frecuencia; pero, ¿no podría crearse un segundo grupo que muy bien podía llamarse Zona Sur de la provincia? Entonces les sería mucho más fácil el desplazarse y la recaudación en su campo, por muy exigua que fuese, daría a un equipo bastante "tela" para trasladarse al campo contrario. Consideremos, pues, como resuelto el problema de los desplazamientos, una de las mayores dificultades con que se tropezaba.
Pasemos ahora a examinar a los equipos y los méritos de los que más conocemos:
Noya: Equipo que ya en el año 1931 quedó campeón gallego de la Serie B y que por su mala suerte, más que por su juego, no ingresó en la A.
Cée: Equipo que gracias al apoyo que le prestan las fuerzas vivas de la localidad, cuenta con un magnífico campo, en cuyo terreno ya conocieron la derrota muchos equipos de La Coruña.
Corcubión: Este pueblo es considerado como la "meca" del fútbol (entre los demás). Ha dado infinidad de jugadores de clase, y de todos solo es necesario citar uno que nos viene a la memoria y que eclipsa totalmente a los demás. Es éste Ramón Polo, el internacional gallego de más larga vida deportiva, prototipo de hidalgo y amor a su club. En el mes de octubre estaban recaudando en esta villa la cantidad necesaria para la creación de un magnífico campo emplazado al lado de la carretera, para sustituir al que hay en la actualidad, y ahora estaba próximo a terminarse. El mejor de los equipos de la capital gallega que actuaron en este pueblo no consiguieron más que un empate.
Estos equipos, junto con otros, como los de Muros (que últimamente consiguió triunfos a domicilio sobre equipos de Santiago), Carballo, Vimianzo, etcétera, formarían un grupo que podría clasificar dos clubs que contenderían en un torneo final con los dos primeros de la capital y de aquí se clasificaría el campeón de la provincia.
Estos equipos deben ponerse al habla con el Comité encargado de organizar esta competición, y después de poner en regla los trámites necesarios, solicitar el ingreso en dicha serie.
Ahora bien, como quiera que el torneo de la B está próximo a empezar, y si ya no fuera posible o no hubiera tiempo de organizar este grupo, no por esto deben desanimarse estos equipos, sino que deben prepararse para el año próximo.
Pero particularmente entre ellos deben relegar al olvido las rencillas pueblerinas, dedicando todo su afán al viril deporte y después que estén de acuerdo, organizar entre si este campeonato.
Si alguno de estos equipos no pudiese participar en el citado torneo, otros hay, como Negreira, Puente del Puerto, Finisterre, etc., que podían suplir a cualquiera de los otros y aun aumentar el número.
Y ahora la idea está lanzada, que los señores directivos de los señores equipos la lleven a la práctica. Creo que la Directiva del equipo que primeramente dé por terminados los rencores pueblerinos y se decida a laborar por el bien del deporte y de este torneo que en la práctica promete ser tan interesante, será digna del mayor encomio y de mi parte, reciba los mayores plácemes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario