31ª
EDICIÓN – TEMPORADA 1993-94
Equipos
participantes
|
25
|
Campión
|
CAMARIÑAS
F.C.
|
Subcampión
|
S.D.
LAXE
|
Participan
23 dos 25 equipos que disputaron a Liga da Costa (2ª Rexional) e a
nova 3ª Rexional, coas renuncias do At. Milagrosa e At. Mineiro, e 2
dos 4 equipos costeiros da 1ª Rexional (Camariñas e Cee, pois non o
fixeron o Fisterra e o Nantón), para un total de 25 equipos;
novamente fóra os da Preferente (Negreira e Sp. Zas). Da primeira
rolda quedaron exentos Muros, Xallas, A Baña, Coristanco, Laxe,
Carnota e Ponteceso. O máis destacado da primeira rolda foi a
eliminación do actual campión e equipo da 1ª Rexional, o Cee,
fronte ao Lira que se impuxo con facilidade nos dous encontros. O
outro representante da categoría provincial, o Camariñas, desfíxose
do Monte Louro, mentres que non tiveron apuros tampouco o Castriz,
Mazaricos, Baio e Buño. O Outes pasou cun gol nos últimos minutos,
e Corcubión necesitou a prórroga para desfacerse do Club do Mar e
remontar un 2-0; pero quen logrou a gran remonta foi o Corme, que
perdera en Esteiro 3-0 e logrou un 4-0 no Cairo.
Nos
oitavos, moitas eliminatorias sentenciadas nos encontros de ida, como
a do Camariñas fronte ao A Baña, a do Coristanco co Castriz, a do
Baio co Carnota ou a do Buño co Ponteceso. O Corcubión gañoulle ao
Muros 3-1 na ida, pero na volta os muradáns igualaron o marcador e
na prórroga dous goles dos corcubioneses déronlles o pase. O Lira
empatou co Xallas na ida, pero na volta o Xallas impúxose con moitos
apuros. E a sorpresa estivo a piques de dala o Corme, que perdera na
súa casa 1-3 co campión ligueiro Mazaricos, pero na Pedra de Ouro
os cormeláns lograron igualar a contenda (0-2) e só os penaltis
impediron que seguisen na competición. Os cuartos de final,
xogáronse nun visto e non visto, pois entre o domingo e o martes
festivo despacháronse estas eliminatorias, nas que o Camariñas non
tivo problema en eliminar ao Coristanco (5-0 e 0-2), mentres que os
outros enfrontamentos estiveron máis igualados. O Corcubión logrou
vencer ao Xallas na ida cun gol no desconto (1-0), e na volta logrou
un sorprendente empate que deixaba fóra a un do favoritos. Outro
favorito era o Mazaricos, que se impuxo na casa ao Laxe (2-0), pero
xa sabemos como as gastan os laxenses, que na volta xa case
sentenciaran o pase na primeira parte e acabaron vencendo 4-1. Por
último, o Baio tivo serios problemas para desfacerse do Buño, a
pesar de que logrou vencer nos dous encontros (1-0 e 2-3).
Nas
semifinais, o Corcubión enfrontouse ao Camariñas no Cubaleiro e deu
a sorpresa ao vencer por 2-1; os dous primeiros goles de dúas
futuras figuras costeiras: polos locais do xuvenil Noé, ao que
respondeu o camariñan Juan Cabrejo; outro xuvenil fisterrán en
terras corcubionesas, Santi, poñería o definitivo 2-1. Na volta, o
Camariñas adiantouse cun penalti convertido por Juan, e no segundo
tempo Pepucho ampliou distancias, pero Chisco axiña igualou a
eliminatoria, e tivo que ser no desconto cando un gol de Guillermo
impedise a prórroga. Na outra semifinal, o Laxe recibía a outro
galo, o Baio, subcampión ligueiro, e no Cabo da Area xogouse o
primeiro partido, no que un gol inicial do baiés Lilo foi igualado
antes do descanso por Fran; nada máis iniciarse o segundo período
Diego anota o segundo para os locais, e a falta de cinco minutos
empata Bareta de penalti, pero pouco despois Diego volve marcar para
poñer o 3-2 definitivo. Na volta, no Platas Reinoso, os laxenses
defendéronse ben e conseguiron manter a porta a cero, polo que deron
a sorpresa e coáronse na final deixando fóra ao Baio.
Sexta
final para o Laxe e terceira para o Camariñas, que era quen figuraba
como anfitrión do partido de ida. O 5 de xuño un forte vento foi o
protagonista do encontro, que acabou sen goles na primeira parte,
pero que no arranque do segundo tivo dous seguidos por parte local,
ao que lle seguiron outras dúas expulsións dos camariñáns José
Marta (min.60) e Berto (min.65), que lles deron folgos aos visitantes
e a dez para o remate lograban deixar aberta a final para a volta.
Aquí o vento continuou sendo protagonista e os goles fixéronse de
rogar, pois non chegaron ata os minutos finais e foron a favor do
Camariñas, que tras perder dúas finais, podía por fin levantar a
Copa da Costa. Os máximos goleadores desta edición foron os
camariñáns Juan Cabrejo e Pepucho, con 8 goles, seguidos, con 7,
por Chisco (Corcubión) e Isidro (Baio).
FINAL
IDA (05-06-1994)
|
|
CAMARIÑAS
F.C.
|
Vicente,
Vigo, Berto, Víctor, Tito, José Marta, Julián (Andrés 55),
Tono, Juan, Guillermo, Pepucho.
|
S.D.
LAXE
|
Fermín,
Pepe, Juan, Sindo, Óscar, Diego (Víctor 80), Manel Pallas, Fran
de Laxe, Tino (Fran de Vimianzo 10), Toni, Lucho.
|
Goles
|
1-0
Juan (p.,55), 2-0 Pepucho (59), 2-1 Fran de Laxe (80).
|
FINAL
VOLTA (12-06-1994)
|
|
S.D.
LAXE
|
Fermín,
Pepe, Sindo, Juan (Víctor 88), Óscar (Miguel 69), Beizana, Fran
de Laxe (Fran de Vimianzo 88), Manel Pallas, Paco, Toni, Lucho.
Adestrador: Sindo/Feluxo
|
CAMARIÑAS
F.C.
|
Vicente,
Vigo, Julián, Víctor, Tito, Gerpe, Andrés (Marcos 90), Tono,
Juan (Javi 82), Guillermo, Pepucho (Ramón 93). Adestrador:
José Pasantes 'Camuel'
|
Goles
|
0-1
Andrés (86), 0-2 Guillermo (p., 92).
|
O Camariñas FC no partido de volta en Laxe [Foto: JMF] |
32ª
EDICIÓN – TEMPORADA 1994-95
Equipos
participantes
|
26
|
Campión
|
CAMARIÑAS
F.C.
|
Subcampión
|
S.D.
SAN LORENZO
|
Participan
os 26 equipos, os 13 da Liga da Costa, 9 da 3ª Rexional e 4 da 1ª
Rexional (coa renuncia do Cee), pero non os da Preferente (Negreira e
Sp. Zas). Seis equipos quedaron exentos da primeira rolda: Monte
Louro, Ponteceso, Cabana, At. Mineiro, Malpica e At. Milagrosa, aos
que se sumou o Fisterra logo de que A Baña se retirase unha vez
efectuado o sorteo. A eliminatoria estrela era a que enfrontaba a
campión e subcampión da Liga da Costa, pero o Lira desfíxose sen
problemas do Xallas, que non se parecía nada ao do campionato
ligueiro, pois as súas estrelas -Isidro, Miculita, Noé, Papi-
emigraran para o Ponteceso da man do míster Manín. A sorpresa veu
da eliminación dun dos equipos de Primeira, o Mazaricos, da man do
Muros, e o Camariñas tivo moitos problemas para desfacerse do
Coristanco. Sen apuros pasaron o Corcubión, Baio, San Lorenzo, Buño
e Laxe, mentres que o Carnota sufriu ata última hora para deixar
fóra ao Castriz.
Interesantes
eliminatorias nos oitavos, cun enfrontamento entre dous equipos de
Primeira, na que o Camariñas se impuxo na ida ao Fisterra (2-0),
pero os fisterráns lograron poñerse na volta 3-1, pero a dianteira
camariñá Chema-Guillermo sentenciou nos minutos finais (3-4). O
Ponteceso de Manín atopouse co campión ligueiro Lira e logrou
vencer no Municipal 2-0, e ir gañando 1-3 en Portocubelo, pero os
lirachos non dixeron a última palabra e a piques estiveron de forzar
a prórroga (4-3). A sorpresa veu da eliminación do Baio co San
Lorenzo, que goleou nas Pedreiras ao equipo de 1ª Rexional (3-0). O
Laxe eliminou sen problemas ao At. Milagrosa, o At. Mineiro ao Buño
e o Cabana ao Muros, mentres que o Carnota gañou en Malpica para
facer bo o empate da ida; máis problemas tivo o Corcubión para
desfacerse do Monte Louro.
Nos
cuartos, o Corcubión deu a sorpresa ao endosarlle unha man no
encontro de ida ao todopoderoso Ponteceso (5-0), que o intentou na
volta pero foille imposible (2-0). O Camariñas sufriu para gañar
como local ao At. Mineiro (1-0), pero en Santa Comba sentenciou o
pase (0-2). No duelo entre dous de 3ª Rexional, o Laxe mostrou as
súas credenciais copeiras e non atopou rival no campión ligueiro
Carnota, e venceu nos dous partidos (1-2 e 5-1). Máis igualada
estivo a eliminatoria entre o Cabana e San Lorenzo, con empate na ida
(1-1) e vitoria dos verdilleses na prórroga nas Pedreiras (2-1). As
semifinais foron bastante emocionantes, cun Corcubión-San Lorenzo,
que tivo un igualado partido de ida que acabou con vitoria mínima
para os locais cun gol de Chisco (1-0). A volta nas Pedreiras acabou
nos 90 minutos con similar marcador, grazas ao gol de Manín, polo
que houbo que xogar a prórroga, na que Chisco marcou para os
corcubioneses e no último minuto Montero puxo o definitivo 2-1, co
que a quenda de penaltis tiña que decidir o finalista e aí os
verdilleses impuxéronse por 3-2. Na outra semifinal, o Camariñas
tivo que remontar na segunda parte o gol inicial do laxense Óscar,
pero Chema, Juan e Guillermo puxeron o 3-1 co que rematou o partido
de ida. Na volta no Cabo de Area moitos goles, pois axiña Pablo
Casal puxo por diante aos locais, pero Pepucho logo igualou; no
segundo tempo Chema e Juan ampliaron vantaxe para os visitantes, pero
Sindo marcaba para os locais antes de que nos minutos finais Pepucho
completase con outros dous goles o seu hat-trick e Ambrosio puxese o
definitivo 3-5.
Cuarta
final para o Camariñas, segunda consecutiva, e primeira para o San
Lorenzo de Verdillo. O partido de ida xogouse nas Pedreiras o 18 de
xuño, e a eficacia do Camariñas foi letal para o San Lorenzo e en
pouco máis dun cuarto de hora xa estaba sentenciada a final, catro
goles antes do descanso, que os verdilleses recortaron na segunda
parte, pero novamente o Camariñas puxo terra polo medio, para
maquillar un pouco o resultado ao final o San Lorenzo (2-5). José
Marta, cun dobrete, e Guillermo, cun hat-trick, foron os matadores
dos camariñáns. O partido de volta trouxo moitos goles, ocasións,
e unha desastrosa actuación arbitral ao dicir das crónicas. Pasada
a media hora os dous quedaron cun home menos polas expulsións de
Gerpe e Chema, que foron o preludio do primeiro gol marcado de
penalti (inexistente disque) por Juan; un novo expulsado, o camariñán
Guillermo, antes dun descanso que chegou logo de 55 minutos, debido
ás continuas liortas. Mediada a segunda parte, empata o San Lorenzo
de penalti (tamén inexistente disque) por medio de Montero. Nos
últimos minutos, Pepucho, Tono e Andrés marcaron os tres restantes
goles do Camariñas para poñer o 4-1 final. Segunda Copa da Costa
para o Camariñas consecutiva, que tivo o detalle de homenaxear na
previa a 26 ex-xogadores que forman parte da historia do club, entre
eles o porteiro-adestrador Vicente, que colgaba os guantes logo da
final. O máximo goleador da Copa foi Guillermo (Camariñas), con 9
goles, seguido de Ambrosio (Laxe), con 8.
FINAL
IDA (18-06-1995)
|
|
S.D.
SAN LORENZO
|
Juan,
Montero, Fran, Francés, Víctor, Eirís, Manín (Cotelo 92),
Luis, Fontes (Gustavo 78), Óscar, Iván. Adestrador: José
Antonio Vilas.
|
CAMARIÑAS
F.C.
|
Vicente,
Gerpe, José Triñáns (Ramón 82), Berto, Luis, Chema (Andrés
67), Tono, Juan (Marcos 78), Pepucho, Guillermo (Suxo 82), José
Marta. Adestrador: Vicente
Carril.
|
Goles
|
0-1
José Marta (14), 0-2 José Marta (15), 0-3 Guillermo (18), 0-4
Guillermo (31), 1-4 Montero (p.,62), 1-5 Guillermo (79), 2-5 Iván
(82).
|
Celebración da 2ª Copa da Costa do Camariñas FC. [Foto: JMF] |
33ª
EDICIÓN – TEMPORADA 1995-96
Equipos
participantes
|
27
|
Campión
|
LIRA
C.F.
|
Subcampión
|
S.D.
SAN LORENZO
|
Participan
27 equipos, os 14 da Liga da Costa, os 9 da 3ª Rexional e os 3 da 1ª
Rexional, e por vez primeira decidiuse abrir a participación aos
equipos da Preferente, aínda que dos cinco equipos costeiros na
categoría só participou o Sp. Zas, renunciando a facelo o Baio,
Bergantiños, Cee e Negreira. Por vez primeira introducíase o valor
dobre dos goles en campo contrario no caso de empate. Cinco equipos
quedaron exentos da previa: Nantón, Malpica, Fisterra, Sp. Zas e
Buño, aos que se uniu o Camariñas tras a retirada do Muxía logo do
sorteo. Entre as eliminatorias destaca a que enfrontou ao campión da
Liga da Costa, o Corme, co campión da 3ª Rexional, o At. Milagrosa,
con vitoria carballesa no Cairo (2-3) e remonta cormelá na volta
(0-3). Clasificacións doadas para Carnota, Mazaricos, Ponteceso,
Lira e Cabana, e algo máis axustadas para San Lorenzo, Monte Louro e
Corcubión. O primeiro enfrontamento que acabou decidindose polo
valor dobre dos goles foi o derby xalleiro entre o Castriz e o At.
Mineiro, no que pasaron os primeiros.
Nos
oitavos de final, o choque máis interesante era o que enfrontaba a
Fisterra e Corme, que terminou con mínima vitoria cormelá no Ara
Solis e empate no Cairo. A sorpresa veu da eliminación do único
equipo da Preferente, o Sp. Zas, que despois de empatar en Lombáns,
vía como o Carnota se impuña no San Andrés. O Lira goleou ao
Cabana na ida e xa deixou a eliminatoria sentenciada, mentres que o
Camariñas tivo que facelo no encontro de volta. O Mazaricos impúxose
ao Castriz nos dous partidos, ao igual que o Buño co Ponteceso,
mentres que o San Lorenzo tivo que suar para desfacerse do Malpica
para remontar nos últimos minutos. O Monte Louro-Corcubión, logo de
senllos empates, resolveuse na prórroga con dous goles
corcubioneses.
Nos
cuartos, tres eliminatorias xa quedaron sentenciadas nos encontros de
ida. O Camariñas-San Lorenzo era a repetición da final da edición
anterior, e os de Verdillo puideron desquitarse gañando no Hnas.
Patiño por un contundente 0-4, que refrendaron na casa cun empate
(0-0). O Corme tamén se impuxo no Cairo por 4-0 ao Mazaricos, e
aínda que estes o intentaron na volta non foi suficiente (3-1). O
Carnota impuxo a súa superioridade no segundo tempo ante o Corcubión
no desterro de Dumbría (1-3), que remataron cunha vitoria mínima en
Lombáns (1-0). Máis igualado estivo o enfrontamento entre Buño e
Lira, no que os oleiros se impuxeron por 2-1 en Xaviña con dous
goles nos minutos finais; na volta en Porto Cubelo os lirachos
remontaron cun penalti no último minuto que igualaba a contenda e
forzaba a prórroga, na que outro gol do Lira dáballe o pase ás
semifinais.
Na penúltima rolda, houbo por un lado un derby
bergantiñán e polo outro un derby municipal. San Lorenzo e Corme
enfrontáronse en Verdillo na ida, con resultado final de empate
(1-1), con goles de Torreira para os locais e Javi para os
visitantes; na volta en Corme, mesmo resultado e mesmos goleadores
nos 90 minutos, polo que houbo que chegar á prórroga, na que
decidiu un gol de Pablo Casal para o San Lorenzo. Na outra, Carnota e
Lira enfrontáronse en Lombáns, con mínima vitoria local (2-1),
logo de que Bori e Sieso Jr. remontasen nos últimos minutos o gol
inicial de Domingo; en Portocubelo, Carlos adiantou aos locais ao
comezo do segundo tempo, pero axiña empatou Weri para o Carnota, e a
dez do final de novo Carlos poñia o 2-1 definitivo de penalti. Tras
xogarse a prórroga sen goles chegouse á quenda de penaltis, na que
tiveron que tirar cadanseus oito penaltis para que ao final se
clasificase o Lira.
Repetía
final da Copa da Costa o San Lorenzo e debutaba nela o Lira. Os
lirachos eran favoritos por estar nunha categoría superior, pero os
verdilleses foran subcampións da Liga da Costa. Na ida xogada en
Portocubelo houbo moito igualdade, aínda que con máis ocasións
para os locais, que non encontraron o gol ata mediado o segundo
período. Tras a expulsión de Torea no minuto 83, o San Lorenzo
tratou de sacar proveito pero non converteu as súas ocasións e o
partido rematou con vitoria mínima (1-0). A volta nas Pedreiras logo
perdeu emoción, pois o Lira logo se adiantou no marcador, e non
tardou en ampliar o marcador; chegarían máis goles no último
cuarto de partido para pecharse cun 1-4 que lle deu ao Lira a súa
primeira Copa da Costa. O máximo goleador foi Sieso Júnior, do
Carnota, con 8 goles, seguido de Carlos (Lira), con 7, e Pablo Casal
(San Lorenzo), con 6.
FINAL
IDA (26-05-1996)
|
|
LIRA
C.F.
|
Mariano,
Bruno, Manolo, Moma, Pana (Lires 64), Torea, Iván Pequeño,
Cambeiro, Carlos, Domingo, Augusto.
|
S.D.
SAN LORENZO
|
Juan,
Marcos, Eirís (Fontes 71), Francés, Víctor, Montero (Iván 89),
Torreira, Pombo, Gustavo (Manín 76), Pablo Casal, Óscar.
|
Goles
|
1-0
Iván Pequeño (68).
|
FINAL
VOLTA (02-06-1996)
|
|
S.D.
SAN LORENZO
|
Juan
(Pablo Pena 82), Marcos, Víctor, Fran, Francés, Torreira,
Montero, Manín, Pombo (Gustavo 82), Pablo Casal (César 65),
Óscar. Adestrador: José Antonio Vilas.
|
LIRA
C.F.
|
Diego,
Pana (Óscar 77), Sieira (Jorge 82), Manolo, Moma, Iván Pequeño,
Carlos, Bruno, Cambeiro, Domingo (Lires 85), Augusto. Adestrador:
Amador Carballo
|
Goles
|
0-1
Bruno (8), 0-2 Iván P. (24), 0-3 Augusto (69), 1-3 Óscar (74),
1-4 Domingo (82).
|
O Lira CF celebrou a súa 1ª Copa da Costa |
34ª
EDICIÓN – TEMPORADA 1996-97
Equipos
participantes
|
28
|
Campión
|
S.D.
FISTERRA
|
Subcampión
|
PONTECESO
S.D.
|
Participaron
os 14 equipos da Liga da Costa, os 11 da 3ª Rexional e tres de 1ª
Rexional (Camariñas, Cee e Fisterra; o Corme renunciou). No sorteo
houbo unha votación para determinar a presenza ou non dos equipos da
1ª e da Preferente, e decidiron os clubs que participasen os de 1ª
pero non os da Preferente (Baio, Bergantiños e Sp. Zas). Quedaron
exentos da primeira rolda Dumbría, Outes, Muxía e Laxe. As
eliminatorias estiveron marcadas pola volta da violencia contra os
árbitros. O Camariñas-Ponteceso foi suspendido a falta de cinco
minutos polo colexiado tras a liorta pola cuarta expulsión dos
locais; o 0-3 que sinalaba o marcador foi decretado como definitivo,
e na volta o Ponteceso completou a sorpresa cun 5-1. Outro partido
que non chegou ao final foi o Muros-Castriz, que tras o 0-0 en terras
xalleiras, sinalaba un 1-2 cando un xogador muradán intentou agredir
o colexiado. A clasificación do Camelle fronte ao Nantón foi outra
das sorpresas desta rolda, mentres que non tiveron problemas Malpica,
Xallas, Soneira, Fisterra, Carnota, Lira, Buño, Cee e San Lorenzo.
Nos
oitavos, dous equipos da 3ª Rexional loitaban por chegar aos
cuartos, e foi o Dumbría o que pasou ao gañar en Camelle; o Malpica
non tivo problemas para desfacerse do Xallas e gañou os dous
partidos, mentres que o Soneira tivo que agardar á volta para lograr
clasificarse logo de gañarlle ao Castriz. Tremenda goleada a do
Carnota, que lle endosou un 12-1 ao Muxía no encontro de volta, logo
dun 0-2 na Arliña. Sufriu máis do que contaba o Fisterra co Outes,
pois tras o 4-2 do Ara Solis os outienses só lograron gañar 1-0 a
pesar de xogar con dous xogadores máis a última media hora. O San
Lorenzo desfíxose do Laxe gañando os dous partidos, mentres que o
Ponteceso eliminou ao campión da pasada edición ao gañar na volta
no Municipal tras o empate de Lira. Por último, o Cee clasificouse
despois de novos incidentes; tras o 1-1 de Buño, estaba moi igualado
o partido nas Raíces co 1-0 no marcador cando un xogador visitante
agrediu o colexiado -a Federación daría por rematado o partido-.
Nos
cuartos, o Malpica tras gañar en Dumbría 0-2, non tivo piedade e
logrou un 10-1 na Pedra Queimada. Espectacular Soneira-Fisterra, cun
empate no Municipal vimiancés (4-4) e vitoria dos fisterráns no Ara
Solis (3-1). Carnota e Ponteceso empataron en Lombáns (1-1), e no
Municipal os pontecesáns venceron por 2-0. Tamén acabou en empate
(0-0) o partido de ida entre o Cee e o San Lorenzo, e na volta nas
Pedreiras trepidante encontro que rematou con triunfo ceense por 3-4.
Nas semifinais, enorme semifinal entre o campión da Liga da Costa, o
Malpica, e o Fisterra, o mellor dos costeiros da 1ª Rexional. Na ida
na Pedra Queimada, o Malpica adiantouse con dous goles obra de Manuel
e Yoyo, pero César lograba o gol do Fisterra a pouco para o final;
na volta no Ara Solis, un solitario gol marcado por Marco no
lanzamento dun penalti no segundo tempo dáballe a clasificación. Na
outra, tamén pelexaban un equipo da 1ª contra un da 2ª, xogándose
a ida no Municipal de Ponteceso: adiantouse o Cee cun gol de Pereira,
pero axiña empatou Bardanca, e ao pouco de iniciarse o segundo tempo
Miguel poñía o definitivo 2-1. A volta en Cee estivo marcada polos
incidentes: tras unha primeira parte igualada e sen goles, no último
minuto era expulsado o local Leo, e aos dez minutos da segunda era
José Carlos o que tamén vía o vermello; con dous homes de máis o
Ponteceso lograba marcar por medio de Vituco, pero aínda así o Cee
logrou a igualada a falta de dez minutos cun gol de Diego, pero de
novo Vituco puxo ao Ponteceso por diante, e acto seguido chegou a
expulsión de Luis e a suspensión do encontro por agresión ao
colexiado. O 1-2 foi declarado resultado definitivo.
A
pesar de ser a sexta final para o Fisterra e para o Ponteceso nunca
cadraron os dous xuntos nunha final da Copa da Costa. O partido de
ida xogouse no Ara Solis o 1 de xuño, e os fisterráns deixaron
sentenciada a final cun claro 3-0, con dous goles cando apenas se
levaban quince minutos de partido; a partir de aí reaccionou o
Ponteceso e tivo varias ocasións moi claras pero non as marcou e
quen o fixo foi o Fisterra, que mediada a segunda parte logrou o
terceiro. Na volta, o Ponteceso viu frustradas as súas ansias de
remonta co gol no inicio do fisterrán Marco -o terceiro na final-,
pero o adestrador-xogador Bardanca logrou o empate antes do descanso,
e logrou marcar o segundo mediado o segundo período, pero foi
insuficiente, polo que o 2-1 dáballe a súa segunda Copa da Costa ao
Fisterra. O máximo goleador desta edición foi Weri (Carnota), con 9
goles, seguido por Bardanca (Ponteceso), con 7, e Marco (Fisterra),
con 6.
FINAL
IDA (01-06-1997)
|
|
S.D.
FISTERRA
|
Charly,
Llanero, Juan Bautista, Falito, Santi, Buján, Serguei, Rubén,
Marco, Noé (Vaamonde 82), Pesca (Joaquín 87).
|
PONTECESO
S.D.
|
Chicho,
Alfonso, Marcos (Quito 20 (Roi 84)), Miguel, Ángel, Alexo, Chus,
Echegaray (Salva 73), Alfredo (Suárez 65), Vituco, Jaime.
|
Goles
|
1-0
Marco (p.,13), 2-0 Marco (16), 3-0 Noé (69)
|
FINAL
VOLTA (08-06-1997)
|
|
PONTECESO
S.D.
|
Chicho,
Ángel, Echegaray (Marcos 75), Alexo, Miguel, Alfredo (Salva 20),
Alfonso, Quito, Chus, Bardanca, Vituco. Adestrador: Javier
Bardanca
|
S.D.
FISTERRA
|
Charly,
Llanero (Joaquín 56), Bautista, Falito, Serguei, Santi, César
(Pumuki 81), Rubén, Marco (Jesús Ángel 89), Pesca, Noé.
Adestrador: Juan Ramón Lobelos
|
Goles
|
0-1
Marco (8), 1-1 Bardanca (39), 2-1 Bardanca (72)
|
O Fisterra SD volvía gañar a Copa da Costa logo de 18 anos [Foto: JMF] |
35ª
EDICIÓN – TEMPORADA 1997-98
Equipos
participantes
|
32
|
Campión
|
AT.
MINEIRO
|
Subcampión
|
S.D.
FISTERRA
|
Participaron
os 14 equipos da 2ª Rexional e os 14 da 3ª Rexional, xunto con tres
dos cinco da 1ª Rexional (Bergantiños, Fisterra e Sp. Zas;
renunciaron o Corme e o Malpica) e o da Preferente (Baio), para
sumar un total de 32 participantes. Curiosamente, no sorteo houbo
dúas votacións: unha para determinar a presenza ou non do Baio como
equipo da Preferente, e outra para a presenza ou non do Bergantiños
(a dos outros da 1ª Rexional non se cuestinou); ao final aprobouse a
participación dos dous, aínda que os baieses tiveron máis votos a
favor que os bergantiñáns. Nos dezaseisavos de final, o máis
destacado foi a eliminación do Baio ante o At. Mineiro por goleada
nos dous partidos, aínda que os baieses tiraron dos xuvenís para
esta competición; tamén foi sorprendente a eliminación do campión
da Liga da Costa, o Ponteceso, ante un irregular Cee. Equipos da 2ª
Rexional quedaron fóra fronte a outros da 3ª como o Camariñas co
Coristanco ou o Soneira co Nantón; mentres que destacou o derby
entre Carnota e Lira, que foi favorable para estes últimos, ao igual
que o Malpica B eliminou o Buño. Muros, Mazaricos, Fisterra, Sp.
Zas, Xallas e Bergantiños non tiveron problemas para pasar, mentres
que máis axustada estivo a clasificación de At. Milagrosa, San
Lorenzo, Cabana e Sofán.
Nos
oitavos, varias eliminatorias foron resoltas xa na ida, como a do
Fisterra fronte ao Lira, a do Sp. Zas co Coristanco, a do At. Mineiro
co Malpica B, a do Cabana contra o Sofán. Pero a sorpresa veu da
vitoria do Xallas sobre o Bergantiños (4-1), con catro goles de
Capelo, que tamén marcaría no empate da volta (1-1). O San Lorenzo
gañoulle os dous partidos ao Nantón, e polo valor dobre dos goles
en campo contrario pasaron o Muros fronte ao Mazaricos e o Cee contra
o At. Milagrosa. Nos cuartos, o Fisterra gañou en Muros (2-3) e
rematou a faena no Ara Solis (3-0); o Sp. Zas cumpriu os prognósticos
e gañoulle os dous partidos ao Cee (2-0 e 0-1). No derby xalleiro
non houbo historia e o subcampión da Liga da Costa, o At. Mineiro,
non tivo piedade do Xallas e gañou os dous encontros (0-6 e 2-0);
mentres que o Cabana deu a sorpresa ao gañar en Verdillo (1-2), pero
o San Lorenzo reaccionou e pasou ao vencer nas Redondas (0-2).
Nas
semifinais, por unha parte estaban os dous equipos da 1ª Rexional
que iniciaron o seu enfrontamento no Ara Solis, no que se adiantou
Fatino para o Sp. Zas e Velay puxo o empate para o Fisterra (1-1) que
o deixaba todo para a volta; en San Andrés, Velay e Rubén axiña
marcaban para os fisterráns, e Buján aumentou a distancia no
segundo tempo, e a pesar de que Julián con dous penaltis logrou
meter o Zas no partido, Velay disipou dúbidas co 2-4 definitivo. Na
outra semifinal estaban dous equipos da Liga da Costa, con
favoritismo para o At. Mineiro, que gañou na ida pola mínima cun
gol de Mourón (1-0), e na volta axiña confirmou os prognósticos ao
marcar de novo Mourón e logo Óscar, mentres que o gol de Quico para
o San Lorenzo serviu para poñer o 1-2 definitivo.
Un directivo da FGF tivo que entregarlle a Copa da Costa ao At. Mineiro ao comezo da temporada seguinte [Foto: Santacombanamemoria] |
Sétima
final para o Fisterra, que repetía do ano anterior, mentres que o
At. Mineiro debutaba como finalista da Copa da Costa. O 31 de maio
xogouse o partido de ida no Ara Solis, e foi tremendamente
emocionante, cun expulsado por parte fisterrá aos 5 minutos
(Joaquín), que foi preludio do primeiro gol xalleiro, pero os
fisterráns non se renderon e lograron tres goles antes de chegar o
descanso; pero na segunda parte pagaron o esforzo e o At. Mineiro
logrou a igualada (3-3) e tamén se igualou en homes coa expulsión
de Argote. Moita expectación na Fontenla, con 2000 persoas para ver
un partido que non chegaría ao final ao quedar o Fisterra con menos
xogadores no campo dos regulamentarios. O primeiro tempo non tivo
goles pero si tivo polémica coa expulsión do fisterrán César no
minuto 25 e pouco despois do xalleiro Sergio. No comezo do segundo
período chegaron dous goles para os locais, o segundo dos cales
provocou unha liorta entre os xogadores visitantes e o trío
arbitral, que rematou cunha agresión ao xuíz de liña e tres
expulsados (Buján, Santi e Marcote); o partido estivo suspendido
varios minutos, e ao reiniciarse o xogo o adestrador fisterrán fai
todos os trocos e acto seguido un xogador visitante cae lesionado,
polo que o Fisterra quedaba con menos xogadores dos permitidos e
chegábase tristemente ao remate da final da Copa. Houbo que agardar
ata o mércores seguinte para que a Federación confirmase que o At.
Mineiro gañaba a súa primeira Copa da Costa e o trofeo de campión
sería entregado ao comezo da temporada seguinte. O máximo goleador
foi Mourón (At. Mineiro), con 12 goles.
FINAL
IDA (31-05-1998)
|
|
S.D.
FISTERRA
|
Rafa,
Chus, Serguei, Pumuki, Sergio Pais (Sergio 87), Buján (Marcote
90), Juan Jesús, César, Joaquín, Marco, Velay.
|
AT.
MINEIRO
|
Juan
Carlos, Javier Facal (Sergio 46), Emilio, Luis, Alvite, Argote,
Leví, Ces, Mourón, Miguel, Óscar (Recarey 87).
|
Goles
|
0-1
Leví (11), 1-1 Marco (26), 2-1 Buján (28), 3-1 César (45), 3-2
Miguel (57), 3-3 Mourón (79)
|
FINAL
VOLTA (07-06-1998)
|
|
AT.
MINEIRO
|
Juan
Carlos, Javier Facal, Emilio, Luis, Orlando, Sergio, Leví, Ces,
Mourón, Miguel, Óscar.
|
S.D.
FISTERRA
|
Rafa
(Charly 67), Chus (Juan Luis 67), Pumuki, Serguei, Sergio Pais
(Sergio 67), Buján, Juan Jesús (Ángel 67), Santi, César,
Marcote, Marco.
|
Goles
|
1-0
Miguel (49), 2-0 Miguel (55)
|
O At. Mineiro gañou a súa 1ª Copa da Costa [Foto: Santacombanamemoria] |